Novas nais/pais

REUNIÓNS FAMILIAS INICIO CURSO

 

O vindeiro venres 6 de setembro ás 12:00, no salón de actos do centro, terá lugar unha reunión xeral de Educación Primaria para falar da organización e funcionamiento do centro.

A continuación, sobre ás 12:30, tamén haberá reunión para as familias de 1º e 5º de Educación Primaria.

 

En canto á etapa de Educación Infantil, a reunión para ás familias de 3, 4 e 5 anos será o luns 9 de setembro ás 16:30 nas súas respectivas aulas.

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E LISTAS DE MATERIAIS para o curso 2024/2025

 

A continuación atoparedes un enlace a relación de libros de texto e material didático para o curso 2024/2025:

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO

 

Por outro lado, pídese o seguinte material a todo o alumnado de Primaria e Secundaria:

CURSO FOLIOS BRANCOS CARTOLINAS
1º EP 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 MARRÓN
2º EP 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 VERMELLO
3º EP 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 VERDE
4º EP 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 AMARELO
5º EP 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 AZUL CLARO
6º EP 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 LARANXA
1º ESO 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 NEGRO
2º ESO 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 BRANCO
3º ESO 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 ROSA
4º ESO 1 paquete de 500 de 80gr 1 paquete A4 de 50 BRANCO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para o alumnado de Primaria tamén tedes as listas co resto de materiais no seguinte enlace:

LISTAS MATERIAIS PRIMARIA

 

*As listas quedan abertas a calquera material que se necesite durante o curso escolar, como os libros de lectura obrigatoria ou algún material de plástica que se pedirá unha vez iniciado o curso atendendo ás instrucións do profesorado.

*Pódese empregar material de outros cursos.

*O material debe vir marcado co nome do alumnado.

Cualificacións e período de reclamación

 

Atendendo a normativa de referencia (ordes polas que se establecen a ordenación e ou currículo e se regula a avaliación das distintas etapas educativas na Comunidade Autónoma de Galicia, orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia), o período de reclamación as cualificacións será de dous días hábiles desde o día seguinte da comunicación.

 

25 de xuño: Comunicación das cualificacións a través de AbalarMóbil (ás 12:00).

26 e 27 de xuño: Período de reclamación formal ante dirección en horario de 11:00 a 13:00.

Calendario materias pendentes mes de xuño

 

Publícase o calendario correspondente ao mes de xuño de materias pendentes de outros cursos para alumnado de ESO.

 

Enlace ao calendario

PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar

Dende fai uns días temos instalado no centro un Punto Laranxa contra o acoso e o ciberacoso, enviado dende a Consellería e consistente nun buzón onde calquera membro da comunidade escolar pode depositar de xeito anónimo feitos dos que é coñecedor de acoso ou ciberacoso a alumnado do centro.

Do mesmo xeito na páxina web está habilitado un punto laranxa virtual onde se poden deixar mensaxes, tamén de xeito anónimo, sobre situacións vividas en primeira persoa ou a terceiros, co fin de contribuir á eliminación deste tipo de comportamentos e preservar o benestar do noso alumnado.

Na entrada do edificio administrativo temos guías informativas para alumnado, profesorado e familias que nos poden servir de axuda no tratamento dos dispositivos dixitais e das redes sociais dos menores.

 

                                    

ESCOLA DE FAMILIAS

05/09/2024 08:40

ESCOLA DE FAMILIAS

 CHARLA "ADOLESCENCIA E SAÚDE MENTAL"

24 DE MAIO ÁS 20:00 MULTIUSOS DE MORAÑA

 

CALENDARIO DE MATERIAS PENDENTES DA ESO. 3ª AVALIACIÓN

04/29/2024 06:53

CALENDARIO DE MATERIAS PENDENTES DA ESO. 3ª AVALIACIÓN

Calendario. Pinchar aquí

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer