Observa_Accion
Programa Observa_Acción
O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.
Observa_Acción. Fase Intercentros.
Na segunda fase deste programa, cada centro tiña asignado outro centro da comunidade autónoma de Galicia para intercambiar boas prácticas docentes compartindo, colaborando, reflexionando, observando e formándose mutuamente.
O noso centro compartiu dúas xornadas co CEIP Mestre Martínez Mateo; na primeira xornada visitamos ao seu centro e na 2ª, visitaron o noso.
A continuación atoparedes un enlace a memoria desta fase así como un enlace ao Podcast gravado polo profesorado dos dous centros que realizaron as observacións comentando as súas impresións.
Observa_Acción. Fase Intracentros
A primeira fase deste programa realízase entre docentes do mesmo centro educativo.
Consiste na observación da práctica docente e xestión da aula, así como no intercambio de información e posterior reflexión conxunta sobre a observación da práctica docente.