Observa_Acción. Fase Intercentros.
Na segunda fase deste programa, cada centro tiña asignado outro centro da comunidade autónoma de Galicia para intercambiar boas prácticas docentes compartindo, colaborando, reflexionando, observando e formándose mutuamente.
O noso centro compartiu dúas xornadas co CEIP Mestre Martínez Mateo; na primeira xornada visitamos ao seu centro e na 2ª, visitaron o noso.
A continuación atoparedes un enlace a memoria desta fase así como un enlace ao Podcast gravado polo profesorado dos dous centros que realizaron as observacións comentando as súas impresións.