Educación física e deportiva
Departamento de Educación Física
Profesorado 2022/2023 |
|
|
José Luis Castro Beloso (Xefe Dpto.) |
Xornada de convivencia
O día 4 de maio fixemos unha xornada de convivencia na Fervenza de Raxoi en Valga cun xantar e posterior camiñata.
Algún profesorado e persoal non docente fixemos unha andaina e ruta camiñando pola fervenza e outros compañeir@s foron facer unha ruta en quad.
FOI UN DÏA MOI ESPECIAL!!!!!!
Horto Escolar
Este curso escolar 21/22 continuamos facendo formación de profesorado con Miudiño para a mellora e posta en funcionamento do noso horto escolar.
Ademais do acondicionamento do xardín e colocación de diversas plantas e flores, melloramos o horto de plantas aromáticas e medicinais.
Tamén puxemos en bancais diferentes legumes coma guisantes e fabas, e vexetais coma leitugas, remolachas , allos, repolos, espinacas, acelgas.....
Estamos aprendendo moitísimo, tanto o profesorado coma o alumnado.
Patios e recreos 2022
Os recreos este curso escolar foron un espazo de xogo moi divertido e cambiante.
Cada vez que os protocolos por mor do covid se modificaban ....era xenial. Primeiro flexibilizaron e permitían que nenas e nenos puidesen xogar sen máscara no exterior e despois xuntándose co alumnado de diferentes cursos por todos os patios do centro educativo...... FOI UN REENCONTRO EMOCIONANTE para o alumnado e para o profesorado xa que desfrutamos de velos tan felices xogando xuntas e xuntos nos recreos.
Este curso escolar continuamos igual que o curso pasado con xogos populares no tempo de lecer coma cordas, gomas, aros, xogos de mesa, ademais dos tipies, caixas de construción, hamacas, columpios, argolas para calistenia......
Merendas Saudables
Este curso escolar continuamos coas merendas saudables nos recreos. Cada vez son máis as nenas e nenos que xa son conscientes da importancia de facer unha boa merenda, xa que aporta os nutrientes necesarios para preservar a memoria e axudar na mellora do rendemento intelectual e nos resultados académicos. Noraboa a todas e todos!!!!!!
EXHIBICIÓN DE PARKOUR DOS NENOS/AS DE 1º
Na derradeira sesión da unidade didáctica de Parkour os nenos e nenas de 1º fixeron un circuito de Parkour. Deixamos un vídeo gravado.
PIRAGÜISMO EN VERDUCIDO
O pasado día 11 de maio unha armada composta por 60 nenos/as de 2º e 3º de secundaria e 5 profesores desembarcou no embalse de Pontillón en Verducido. Fixemos unha actividade de piragüismo coa axuda do clube Piragüismo de Verducido. Despois dunha merenda, merecida, disfrutamos duns xogos.
EXHIBICIÓN DE SALTO DE ALTURA DE 2º DA ESO
O 29 de abril os dous grupos de 2º deleitáronnos cunha demostración da disciplina atlética de salto de altura. Deixamos os vídeos que o demostran.
2ºA
2ºB
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »