Novas nais/pais
FONDO LIBROS: Listaxes provisionais
Informámosvos de que a publicación da adxudicación provisional de libros de texto para o alumnado que cursará 3º e 4º de primaria para o curso 2021/22 farase o día 9 de xullo 2021.
Nas listaxes provisionais indícase o número de libros que vai recibir cada alumno/a. Para saber os libros das materias que se lle asigna é necesario esperar as listaxes definitivas.
O prazo para a reclamación á publicación da listaxe provisional será de dous días tras a publicación: 12 e 13 de xullo de 2021.
As listaxes definitivas sairán publicadas o 14 de xullo.
Os libros entregaranse aos alumnos/as no Centro no mes de setembro.
Calendario e documentación das probas extraordinarias de Setembro na ESO. Curso 2020/2021
Pódese consultar aquí.
Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 21/22
Podedes consultar aquí a lista de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2021-2022.
Circular de final de curso 2020/2021 na ESO
Pódese consultar aquí.
Información do Departamento de Orientación relativa á orientación académica para o curso 21/22
Nas seguintes ligazóns pódese atopar información relativa á orientación académicas por cursos, de cara ao vindeiro curso 2021/2022
Orientación académica: paso de 6º de Educación Primaria a 1º de ESO
Orientación académica: paso de 1º de ESO a 2º de ESO
Orientación académica: paso de 2º de ESO a 3º de ESO
Orientación académica: paso de 3º de ESO a 4º de ESO
Departamento de Orientación do CPI Plurilingüe Santa Lucía
31 de Maio, Día Mundial sen tabaco
O 31 de Maio conmemórase en todo o mundo o Día Mundial sen tabaco. Neste momento que estamos a vivir, débemos darlle maior prioridade, se cabe, á saúde pública e individual. Para iso, dende o CPI Pluringüe Santa Lucía, a través do Proxecto de prevención das condutas adictivas dos concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, queremos sumarnos á OMS, apoiando a súa campaña de promoción do abandono do consumo de tabaco e continuar coa campaña de contramárketing do ano pasado coa que se pretende contrarrestar as artimañas que dende a industria tabaqueira se están levando a cabo para captar novos clientes e clientas que substitúan ós millóns que van perdendo polas mortes prematuras que causa o consumo de tabaco.
A continuación incluimos a ligazón ao Manifesto do Día Mundial sen tabaco 2021 e a ligazón ao xogo Tabaco, canto sabes?, Co que comprobar os coñecementos que cada persoa temos sobre o tabaco e outros produtos do tabaco.
Para participar no xogo Tabaco, canto sabes? clica no seguinte enlace, e introduce o contrasinal PREVENCIÓN.
https://view.genial.ly/5eb3e795d4d59a0d61ff85d3/game-canto-sabes-sobre-o-tabaco
Semana do libro
Para celebrar a semana do libro no centro, os nenos e nenas contaron un contos, para visualizalos, preme no seguinte link:
Día Internacional das Familias
Mañá 15 de maio celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Familias para crear conciencia sobre o papel fundamental que estas teñen na educación das súas crianzas dende a primeira infancia, xerando aprendizaxes prosociais e saudables permanentes. Como conmemoración de dito día, dende o CPI Plurilingüe Santa Lucía ponse a disposición das familias a GUÍA PARA FAMILIAS, coa que obter información básica sobre a prevención das condutas adictivas dende a familia, favorecendo así a labor preventiva da familia como principal axente de socialización.
Para acceder a dita GUÍA podes clicar no seguinte enlace:
https://issuu.com/juliabua/docs/gu_a_familias_prevenci_n_condutas_adictivas
Calendario das probas finais correspondentes a materias pendentes de cursos anteriores. Curso 2020/2021
Pódese consultar aquí.
Reunión para as familias do alumnado de 6º de primaria
Este luns 3 de maio ás 17:00 terá lugar a vídeoconferencia para as familias do alumnado de 6º de primaria na que falaremos do paso de primaria a secundaria ademais doutros temas como os vídeoxogos, as rutinas de traballo, o comportamento...
Recomendamos a participación nesta charla das alumnas e os alumnos de 6º.
A continuación deixámosvos a información da reunión (podedes empregar o correo nonresponder@edu.xunta.gal para entrar na reunión):
Enlace da reunión: https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.phpMTID=m7dab7d4c9a86e463abf50e7f79407aec
Número de reunión:121 583 8497
Contrasinal:1234
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »