FONDO LIBROS: Listaxes provisionais

Informámosvos de que a publicación da adxudicación provisional de libros de texto para o alumnado que cursará 3º e 4º de primaria para o curso 2021/22 farase o día 9 de xullo 2021.

Nas listaxes provisionais indícase o número de libros que vai recibir cada alumno/a. Para saber os libros das materias que se lle asigna é necesario esperar as listaxes definitivas.

O prazo para a reclamación á publicación da listaxe provisional será de dous días tras a publicación: 12 e 13 de xullo de 2021.

As listaxes definitivas sairán publicadas o 14 de xullo.

Os libros entregaranse aos alumnos/as no Centro no mes de setembro.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer