Novas nais/pais
REUNIÓN ANPA
Asemblea ANPA o día 1 de outubro ás 19:30.
Para obter información preme no seguinte enlace.
Vales de material para o alumnado ESO
Estimadas familias:
Están a vosa disposición os vales de material para o alumnado da ESO.
Recolleranse en secretaría o venres día 17. Se algunha familia non puidera ese día, o luns día 20 poderán facelo.
Un saúdo.
A directora.
María Fernández
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19
Podedes consultar o Plan de Adaptación á situación Covid 19 para o curso 2021 / 2022 neste enlace.
CIRCULAR INFORMATIVA para as familias do alumnado de infantil e primaria
Estimadas familias do alumnado de infantil e primaria:
Coa seguinte circular informativa queremos trasladarvos información relativa a cuestións organizativas básicas. Podedes consultar a Circular informativa neste enlace.
Podedes consultar a Enquisa de autoavaliación clínica da COVID19 neste enlace.
*Nota acalaratoria: A enquisa deberá realizarse diariamente, pero non será necesario cubrila nin entregala no centro educativo.
Durante esta semana, o alumnado de infantil e primaria levarán a casa unha Declaración responsable. Unha vez asinada a Declaración por parte do pai/nai/titor legal, o alumno/a entregaralla ao titor. Declaración responsable.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
LISTAXES DE MATERIAIS PARA PRIMARIA
Estimadas familias, a continuación tedes a listaxe de material escolar que necesitarán os vosos fillos e fillas de cara o vindeiro curso 2021/2022:
Un saúdo.
Reunións de inicio de curso para as familias de infantil e primaria
Estimadas familias, convocámosvos a asistir as reunións informativas de inicio de curso que se organizarán no centro para infantil e primaria.
Recordamos a obrigatoriedade do uso de máscara e rogamos a asistencia dun só membro da familia sen fillos ou fillas (excepto na reunión de 1º de primaria).
A continuación, deixámosvos a data e hora de cada reunión:
LUNS 6/09 |
|
4 ANOS | 11:00 |
5 ANOS | 12:00 |
2º E.P. | 11:00 |
3º E.P. | 12:00 |
1º E.P. |
18:30 (reunión cos nenos e nenas) |
MARTES 7/09 |
|
3 ANOS | 10:30 |
AULA MIXTA | 12:00 |
4ºA | 10:00 |
5ºA E.P. | 11:00 |
5ºB E.P. | 12:00 |
6º E.P. | 19:00 |
MÉRCORES 8/09 |
|
4ºB | 10:30 |
Anuncio de apertura do prazo para actuar como colaboradores no comedor escolar durante o curso 2021-2022
Anuncio de apertura do prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atencion e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2021-2122.
Prazo: do 22 de xuño ata o 8 de setembro de 2021
Descargarase a solicitude no seguintes enlace:
A solicitude virá acompañada da acreditación de non ter sido condenado/a en sentencia firme por delitos sexuais, obtida no Rexistro Central de delincuentes sexuais.
Seguindo o establecido na Instrución 2/2021, da secretaría xeral técnica da Consellería de cultura, educación e universidade, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021-2022.
A colaboración no comedor poderá ser desempeñada por nais, pais, titores legais ou acolledores familiares de alumnos/as que estean cursando no curso 2021-2022 estudos no centro docente respectivo.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
- VALES para a adquisición de LIBROS DE TEXTO (1º e 2º E.P.).
- VALES para a compra de MATERIAL ESCOLAR (EDUCACIÓN PRIMARIA e ESO).
DATAS DE RECOLLIDA:
Por motivos de organización asignamos as seguintes datas de recollida dos vales de axuda para libros e para material escolar, en función do curso no que estea matriculado o alumno/a para o ano 2021/22.
- 1º, 2º, 3º e 4º de E.P. ---------------------------------------- Mércores, 14 de xullo de 2021.
- 5º, 6º de E.P. e todos os cursos da ESO ---------------- Xoves, 15 de xullo de 2021.
HORARIO: de 9:30 horas a 13:30 horas.
*As persoas que non poidan vir o día asignado poderano facer o venres, 16 de xullo de 2021.
Os vales poden ser recollidos polas nais ou pais, pola titora ou titor legal ou por unha persoa autorizada. As persoas autorizadas deberán presentar o formulario de autorización, fotocopia do DNI do pai/nai/titor/titora legal e DNI orixinal do autorizado/a. O formulario de autorización pode recollerse no Centro ou descargarse na páxina web.
Descarga formulario de autorización.
*Os alumnos/as da ESO con materias pendentes recollerán os vales en setembro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »