PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar

Dende fai uns días temos instalado no centro un Punto Laranxa contra o acoso e o ciberacoso, enviado dende a Consellería e consistente nun buzón onde calquera membro da comunidade escolar pode depositar de xeito anónimo feitos dos que é coñecedor de acoso ou ciberacoso a alumnado do centro.

Do mesmo xeito na páxina web está habilitado un punto laranxa virtual onde se poden deixar mensaxes, tamén de xeito anónimo, sobre situacións vividas en primeira persoa ou a terceiros, co fin de contribuir á eliminación deste tipo de comportamentos e preservar o benestar do noso alumnado.

Na entrada do edificio administrativo temos guías informativas para alumnado, profesorado e familias que nos poden servir de axuda no tratamento dos dispositivos dixitais e das redes sociais dos menores.

 

                                    

Powered by Drupal - Design by artinet