FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
- Prazo presentación solicitudes: Do 19 de maio ao 22 de xuño, inclusive.
- Modo presentación das solicitudes:
- De xeito presencial na secretaría do centro educativo. Cumprimentar e descargar formulario normalizado anexo I e anexo II (aquí ou tamén se pode obter na secretaría do centro) xunto coa documentación solicitada.
- De xeito informático: cubrindo o anexo dispoñible na aplicación informática Fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. para o que será preciso calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluíndo o sistema de usuario e Chave365
- Destinatarios:
- Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% e alumnado con NEAE.
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Especial, Educación Primaria e ESO.
Membros computables da unidade familiar:
a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.
b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar ou preadoptivo legalmente constituído
c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.
f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado, agás nos casos de custodia compartida.
Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.
Non terá a consideración de membro computable:
a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.
b) O agresor, nos casos de violencia de xénero, (sempre que formase parte da unidade familiar).
En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2020, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos caos de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.
Documentación a presentar:
a) Anexo I e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e dos demais membros computables da unidade familiar.
c) En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Excepcionalmente poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
✓ Certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
d) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. (De ser o caso).
e) Violencia de xénero (sempre que o agresor forme parte da unidade familiar): Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. (De ser o caso).
f) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda. (De ser o caso).
g) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en tituación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. (De ser o caso).
h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE. (De ser o caso).
Comprobación de datos:
As persoas que se opoñan á consulta automática de datos, Anexo II deberán marcalo e presentar:
- DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.
- Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia. (De ser o caso).
- Percepción da pensión por incapacidade permanente total, absoluto ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou teriro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%).
- Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, o certificado tributario da imputacións no exercicio 2020 da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, de ser o caso.
A solicitude será única para todos os fillos /as admitidos no mesmo centro.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22.
Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2021/2022.
Importante: entregar a documentación no centro de 9.45h a 12h ou de 13h a 14h.