REUNIÓN INICIO CURSO ESO
Recordamos ás familias do alumnado da ESO que o luns 3 de outubro ás 18:20 terá lugar a reunion de inicio de curso 2022-2023 no salón de actos.
MENÚS 1º TRIMESTRE
Estimadas familias. Benvidos a un novo curso!!
Aquí vos deixamos o enlace aos menús do 1º trimestre.
Reunións comezo de curso
O vindeiro MARTES 6 de setembro convidámosvos a asistir ás reunións de comezo de curso para os seguintes grupos e no seguinte horario (no salón de actos para Primaria e no patio de infantil para Infantil):
EDUCACIÓN PRIMARIA | EDUCACIÓN INFANTIL | ||
10:00 | 1º e 2º | 4 e 5 anos | 16:30 |
12:30 | 3º e 5º | 3 anos | 17:30 |
RECOLLIDA DE VALES PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL
RECOLLIDA DE VALES PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Mañan, martes 12 de xullo e mércoles 13 de xullo, farase entrega dos vales para a adquisición de libros de texto en 1º e 2º de Primaria e dos vales para compra de material escolar para Primaria e ESO, en horario de 9:00 a 12:00.
- VALES para a adquisición de LIBROS DE TEXTO (1º e 2º E.P.).
- VALES para a compra de MATERIAL ESCOLAR (EDUCACIÓN PRIMARIA e ESO).
Un saúdo
A dirección
LISTAS MATERIAL ESCOLAR
A continuación atoparedes os enlaces ao material escolar para o curso 2022-2023 da etapa de Primaria.
*Todo o material debe vir co nome da alumna ou do alumno podéndose reutilizar material de cursos pasados.
* A lista queda aberta a calquera material que se necesite en setembro ou durante o curso escolar (como os libros de lectura).
FONDO LIBROS: Listaxes provisionais
Informamos que o luns 4 de xullo 2022 publicarase no centro a adxudicación provisional de libros de texto para o alumnado que cursará 3º e 4º de primaria no curso 2022/23.
O prazo de reclamación á listaxe provisional será de dous días tras a súa publicación: 5 e 6 de xullo de 2022.
As listaxes provisionais indican o número de libros que vai recibir cada alumno/a. Só nas listaxes definitivas pódese consultar os libros que se lle asigna por materia.
SOLICITUDE COLABORACIÓN COMEDOR CURSO 2022-23
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR A COLABORACIÓN NO COMEDOR ESCOLAR NO CURSO 2022-23
Tal e como se establece na Instrución 2/2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2022-23, desde hoxe queda aberto o prazo ata o 8 de setembro, para solicitar a admisión de membros da comunidade escolar educativa do CPI Plurilingüe Santa Lucía, como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022-2023.
Para facer a solicitude se entregarán os seguintes documentos:
-Solicitude (pinchar para obter a solicitude) VER BAREMO
-Copia do DNI
-Certificado bancario con nº de conta
-Certificación negativa do Rexistro de control de delincuentes sexuais.
HORARIO DO CENTRO
HORARIO ADMINISTRACIÓN A PARTIR DO 1 DE XULLO
O horario de administración dende o 1 de xullo será de
9:00 a 12:00 h
SOLICITUDE DE UTILIZACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022/2023.
Estimadas familias:
Poñemos á vosa disposición o formulario de SOLICITUDE DE UTILIZACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR para o curso 2022/23.
Rogamos leades as instrucións que se inclúen no arquivo anterior. A solicitude debe ser entregada na secretaría do centro do 1 ao 10 xullo de 9 a 12h.
LER INFORMACIÓN IMPORTANTE RELATIVA A SOLICITUDE DE USUARIO DE COMEDOR
Un saúdo.
Secretaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »