ROMARÍA 50 ANIVERSARIO

Celebramos o 50 aniversario do centro o DOMINGO 25 de XUÑO cunha gran romaría.

Para festexalo temos moitas actividades programadas e habilitaremos unha carpa con mesas para disfrutar dunha comida todos xuntos. Podedes traer a vosa comida pero ademais teremos a posibilidade de coller na festa racións de churrasco con patacas ou racións de polbo. Tamén haberá un camión de comida.

Se pensades pedir algunha ración na romaría, recollede os vosos tickets na conserxería do centro antes do 17 de xuño. O pago farase o día da comida.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet