PLATAFORMA DIXITAL BIBLIOTECA
PLATAFORMA DIXITAL BIBLIOTECA
Os centros educativos integrados no PLAMBE contades con este servizo, que complementa a colección física, e pode ampliar as posibilidades de lectura para o alumnado, profesorado e familias. Os fondos de E-LBE.2 están en constante actualización e inclúen unha importante selección de lecturas en galego, tamén en castelán, inglés, francés ou portugués. Recentemente puidemos incorporar unha selección de lectura fácil, e un amplo número de fondos con complementos audiovisuais (libros ilustrados, álbum, cómic, e libros con música).
Cada trimestre ofrécese unha serie de sesións de formación on-line, abertas a toda a comunidade (alumnado, profesorado, familias…), para informarse sobre como funciona a plataforma, e que posibilidades ofrece. Trátase de sesións virtuais breves (30 minutos) e interactivas, nas que podemos preguntar e solventar calquera dúbida.
Invitámosvos a compartir e difundir esta información entre os usuarios e usuarias da biblioteca escolar que coordinades, e moi en especial a información sobre as sesións de formación on-line, pois a primeira é inminente e poden resultar moi útiles, nomeádamente para as persoas da vosa comunidade de usuarios que quizá non estean tan habituados as tecnoloxías como o equipo docente e mesmo o alumnado.
Adxuntamos un documento que resume a serie de webinars formativas deste terceiro trimestre, ás que se pode acceder doadamente desde a propia plataforma E-LBE.2.