primaria
Venres, 21 de maio, 2021
O alumnado de 6º B de EP continúa a experimentar; esta vez usando o microscopio para ver distintas mostras de seres vivos do laboratorio de secundaria.
Tan interesante foi a sesión que a nai dun alumno conseguiulles máis mostras das que ela mesma analiza na súa clínica de animais. Grazas a isto viron células animais, vexetais, glóbulos vermellos, plaquetas e tamén ácaros, bacilos, cocos, células reproducíndose...
Estas son algunhas das cousas que tiveron a sorte de ver:
- Escamas de bolboreta
- Óso compacto
- Pata de mosca
- Ril de coello
- Fígado de ovella
- Cloroplastos
- Cotiledónea
- Raíz, talo e folla de monocotiledónea
- Dicotiledónea
- Urina de gato (infectada)
- Linfoma de can (cancro de ganglios simpáticos)
- Pelo de can (ácaros no pelo)
- Orella externa e interna de can con dermatite (malasezia pachynodermia)
- Citoloxía ocular de can
- Citoloxía de nódulos subtucular de gato
- Frotis de sangue de can
A experiencia foi moi interesante.
Venres, 14 de maio, 2021.
Co gallo do 12 de Maio: Día Escolar das Matemáticas durante toda a semana o alumnado de primaria gozou duns obradoiros de matemáticas onde puideron achegarse a elas dunha maneira máis recreativa e lúdica.
Neles realizaron sudokus, figuras xeométricas, traballaron o cálculo e a orientación espacial, tiveron xogos de lóxica, construiron un metro cuadrado e un metro cúbico...
As actividades estiveron organizadas polo Equipo de Biblioteca Creativa e o Club de Ciencia.
Venres, 7 de maio, 2021.
O alumnado de 6º B de EP segue a experimentar.
Neste caso facendo un indicador de pH caseiro con col lombarda, así estudiaron como son as sustancias que nos rodean, se son ácedas, básicas ou neutras.
Para a súa sorpresa a auga que debería ser neutra, non o é no experimento; nin a auga embotellada, nin a da fonte, nin a da piscina, nin a auga con sal.
Todas as sustancias que utilizaron teñen un uso cotiá tanto na casa coma na colexio.
Eles mesmos foron quen de ordealos segundo o seu pH gracias as cores.
E tanto lles gustou que ao día seguinte buscaron máis sustancias para saber o seu pH.
E así quedou o noso experimento.
Esperamos que vos guste o experimento tanto como a eles.
Xoves, 29 de abril, 2021.
O alumnado de 6º B de EP realizou o seguinte experimento, como extraer a clorofila dunha folla.
O proceso foi o seguinte:
Cortaron as follas en pedazos moi pequenos, os cales botaron en vasos e cubriron con acetona ao 90%.
Deixáronno repousar durante un día enteiro pero o taparon con film para evitar o cheiro forte á acetona e a evaporación desta.
Meteron papel de filtro dentro do vaso, axudáronse cun lapis ou bolígrafo para que quedase en posición vertical e deixárono durante media hora para que a clorofila fose subindo polo papel de filtro.
Así que metes o papel xa se ve como vai subindo a clorofila pero non é ata media hora despois que esta queda impregnando o papel de filtro.
O resultado foi o seguinte:
Venres, 26 de marzo, 2021.
O alumnado de 6º B de EP ademáis de estudar a célula e facer traballos sobre ela, decidiu confeccionar a súa propia célula utilizando os elementos que tiña ao seu alcance.
Este é o resultado do seu bo traballo.
Durante esta semana puidemos gozar dunha exposición realizada polo alumnado do club de ciencia de 6º B EP na que nos descubriron moitas mulleres científicas descoñecidas.
Hoxe no Club de Ciencia de EP o alumnado de 6º B de EP guiado pola súa profesora Elvira viron a importancia da hixiene, a importancia de lavar as mans con xabón.
O club de ciencia despídese ata o vindeiro curso coa montaxe das pontes realizadas polo alumnado do centro.
Moitas grazas pola vosa participación e por vos converter en enxeñeiros e enxeñeiras por un día.
Esperámosvos no club o curso que vén.
Bo verán!!
O alumnado de 5º EP B, seguindo as indicacións dadas pola súa profesora Elvira, experimenta coa auga e traballa así a flotabilidade.
Desa forma descobren que obxectos funden, porque teñen unha densidade maior cá da auga, e que obxectos flotan, porque teñen unha densidade menor cá da auga.
Os experimentos resultaron moi interesantes.
No seguinte vídeo podemos ver algúns dos realizados polo alumnado.
O alumnado do Club de Ciencia de primaria está a elaborar un Tangram para que o resto do alumnado do centro poida crear figuras con el.
Algunha das pezas está decorada coa temática do proxecto deste ano do centro "O río Miño".
![RSS - primaria Distribuir contido](/centros/cpimanuelsuarez/misc/feed.png)