mes da ciencia
O alumnado de 1.° de EP tamén gozou dos experimentos organizados polo Club de Ciencia para conmemorar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
Máis fotos da actividade: aquí.
Pechamos o Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas coa actividade organizada polo departamento de Tecnoloxía: robótica e impresión 3D na biblio!
Todos e todas as que se achegaron á Quinta durante o recreo quedaron fascinados cos “ben guiadiños” robots educativos mBot e coa impresora 3D en pleno funcionamento!
Preme na imaxe para ver un vídeo coas actividades realizadas.
Máis fotos da actividade: aquí.
Para celebrar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas o club de ciencia preparou varias caixas que estiveron a disposición das titorías de primaria para realizar distintos experimentos.
Preme na imaxe para ver o vídeo do alumnado de 5.º A de EP experimentando coa "caixa de ciencias".
Continuamos a celebrar o mes da ciencia en galego na biblioteca!
Hoxe foi a quenda das matemáticas. As matemagas Soraya e Sheila (alumnas de 4.º ESO) descubriron que grafitis se agochaban ocultos (traballando así o noso PDI) detrás dos paneis e adiviñaron os personaxes de Harry Potter que pensaron dúas alumnas de primaria.
Esta actividade preparouse co alumnado do club de ciencia de 4.º ESO na sesión do mércores 11 de outubro.
Máis fotos da actividade: aquí.
Vídeo da actividade: aquí.
Os científicos e científicas de 5.º B EP tiveron a oportunidade de experimentar coas cores.
O azucre dos Lacasitos fixo subir a densidade da auga e formou barreiras a cor. Logo de tremendo experimento científico, chegou o culinario, pois tamén puideron comprobar que os Lacasitos da auga seguían estando ricos!
Actividade organizada en colaboración da Quinta.
Vídeo da actividade: aquí.
O alumnado de 5.º B EP do Club de Ciencia tamén experimenta coa ciencia!
Participaron en dous proxectos: un para Naturais e outro para Sociais. No primeiro, empregaron o microscopio para observar algunhas das cousas que están a traballar na materia como o tecido epitelial e muscular ademais dalgún invertebrado dentro dos reinos. En canto ao proxecto de Sociais, puideron ver de primeira man os eclipses de sol e de lúa.
Vídeo da actividade: aquí.
Primeira xornada do mes da ciencia. Os rapaces e rapazas puideron gozar de utilizar microscopios, lupas, tocar e ulir minerais e rochas, ver animais en formol...
Actividade organizada polo departamento de bioloxía do Club de Ciencia e a biblioteca da Quinta.
Ver todas as fotos da actividade: aquí.