tecnoloxía
Na sesión de hoxe o alumnado de 1.º e 2.º de ESO realizou dous experimentos:
- Crear unha pirámide holográfica para ver vídeos e imaxes en 3D empregrando os seus móbiles.
- Crear unha estrutura antigravidade.
Máis fotos da actividade: aquí.
Continuamos a celebrar o 11F Día da Muller e da Nena na Ciencia, hoxe o departamento de tecnoloxía preparou unha actividade relacionada coa enxeñeira Elena García Armada. A actividade consistiu en crear un robot grafiteiro (relacionando así co PDI do centro).
Preme sobre a imaxe para ver un vídeo coa actividade realizada.
Máis fotos da actividade: aquí.
Pechamos o Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas coa actividade organizada polo departamento de Tecnoloxía: robótica e impresión 3D na biblio!
Todos e todas as que se achegaron á Quinta durante o recreo quedaron fascinados cos “ben guiadiños” robots educativos mBot e coa impresora 3D en pleno funcionamento!
Preme na imaxe para ver un vídeo coas actividades realizadas.
Máis fotos da actividade: aquí.
Desde o ano 2000, declarado pola UNESCO Ano Mundial das Matemáticas, instituíuse en España a celebración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM).
A data escollida para esta celebración coincide coa do nacemento do insigne matemático Pedro Puig Adam, quen naceu o 12 de maio de 1900 e foi o iniciador da didáctica das matemáticas en España.
A finais do mes de marzo, de non estarmos confinados, montariamos a Cúpula de Leonardo no centro, pero non foi posible... No seu lugar, invitamos o alumnado a montar na casa a Ponte Autoportante de Leonardo.
Imaxe de Core77
A devandita ponte está recollida nun dos seus códices, o Códice Atlanticus (nos folios 69r e 71v). Trátase dunha ponte "ideada tanto para perseguir como para fuxir do inimigo". O feito orixinal desta ponte lixeira en forma de arco é que non requiría cravos, parafusos, cordas nin ningún outro medio para permanecer ergueita. O propio peso dos seus elementos era responsable de mantelos unidos.
Con que material a queres construír? Escolle o que máis che preste!
Espaguetes cortados pola metade
Lapis
Paus de madeira
Pallas de bebidas ás que lles podes facer uns cortes
Calquera outro material que teñas pola casa
Os pasos que debes seguir son os seguintes:
Imaxe de Core77
Como sabedes o proxecto da biblioteca deste ano é “O Río Miño”, seremos capaces de levantar unha ponte que cruce o Miño e que una o concello do Rosal coa veciña Portugal?
Pontes feitas por @bblanc0
Animádevos a facelo! Convertédevos en enxeñeiros ou enxeñeiras por un día!!!
Mandade as vosas fotografías ao seguinte enderezo de correo electrónico
merceds.profe@gmail.com
O club de ciencia reuniuse os mércores 6 e 20 de novembro de 14:30 a 16:30 h.
Durante o mes de novembro con motivo do Día Internacional da Violencia contra a Muller, o club de ciencia elaborou un gráfico no que se representa o número de mulleres vítimas mortais por violencia de xénero en España a mans das súas parellas ou exparellas.
Para a súa realización o alumnado:
- investigou porque se elixiu esta data,
- buscou en que páxinas investigar os datos necesarios para crear o gráfico,
- mediu a parede en que se colocaría o gráfico
- fixo os cálculos necesarios para facer a escala o gráfico.
O resultado final foi o seguinte:
Seguimos cos obradoiros dos martes con motivo do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
Hoxe o departamento de Tecnoloxía trasladou á biblioteca os robots que seguen liñas, labirinto e a impresora 3D Prusa I3.
Moitas grazas a Pablo Alexis por facelo posible. O alumnado pasouno moi ben como se pode ver no vídeo feito polo equipo da biblioteca.
Co gallo do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, o Club de Ciencias colaborará co equipo da Biblioteca do centro desenvolvendo unha serie de obradoiros destinados a todo o alumnado. Os obradoiros terán lugar os martes do mes de novembro durante o recreo.
Martes 12:
Matemaxia co matemago Gutier: trucos de maxia con matemáticas
Martes 19:
Robótica: Segue liñas con mBot, labirinto
Impresora 3D Prusa I3
Martes 26:
Cromatografía
Experimentando con Maicena (fluídos non Newtonianos)
Anímate a participar!