secundaria
Na sesión de hoxe o alumnado de 1.º e 2.º de ESO realizou dous experimentos:
- Crear unha pirámide holográfica para ver vídeos e imaxes en 3D empregrando os seus móbiles.
- Crear unha estrutura antigravidade.
Máis fotos da actividade: aquí.
O alumnado do CPI participa no concurso organizado por Galiciencia, teñen que realizar un deseño da camiseta oficial deste ano. O lema desta edición é "Mellor de madeira".
No seguiente enlace podedes ver os deseños creados polo alumnado.
Actividade organizada polo Club de Ciencia.
Na sesión de hoxe o alumnado de 1.º e 2.º de ESO gozou de dous experimentos. No primeiro extraeron os pigmentos fotosintéticos das plantas e no segundo fixeron unha columna de densidade coas cores do arco da vella.
Preme na imaxe para ver un vídeo da actividade.
O alumnado de 1.º ESO do club de ciencia fixo un experimento simulando o ciclo das rochas empregando chocolate, simularon o paso de rochas sedimentarias a magmáticas e volcánicas con chocolate.
Máis fotos da actividade: aquí.
Hoxe foi a quenda do alumnado do club de ciencia de 1.º e 2.º de ESO, nesta sesión repetiuse a actividade realizada co alumnado de 4.º ESO: tomando polo, mazá e pataca fixeron unha simulación do proceso dixestivo ao completo para rematar obtendo feces.
Máis fotos da actividade: aquí.
Nesta sesión do mércores do Club de Ciencia, na que participou o alumnado de 4.º ESO, realizouse unha simulación do aparello dixestivo: o alumnado collendo polo, mazá e pataca fixo unha simulación do proceso dixestivo ao completo para rematar formando feces.
Vídeo da actividade: aquí.
Mércores, 31 de maio, 2023.
Hoxe foi o derradeiro ensaio da performance sobre a auga que está preparando o alumnado de 1.º de ESO integrante do club de ciencia. Ao final do ensaio, gravaron a performance que proximamente poderemos ver.
Mércores, 24 de maio, 2023.
Hoxe o alumnado de 1.º ESO do club de ciencia aprendeu a facer xabón empregando aceite usado e sosa cáustica.
Os vindeiros días veremos o resultado.
Martes, 9 de maio, 2023.
Continuamos coa labor empezado no curso pasado: o horto escolar.
O alumnado de ESO preparou o horto para que o alumnado de primaria poidese plantar.
Nos seguintes vídeos podedes ver o resultado: vídeo 1 (6.º EP), vídeo 2 (toda EP).