física e química
Na semana da Muller e da Nena da Ciencia hoxe foi a quenda do departamento de física e química que organizou unha actividade relacionada coa xenetista Barbara McClintock. A actividade consistiu en experimentar con maicena ata formar un fluido non newtoniano.
Preme sobre a imaxe para ver un vídeo sobre a actividade.
Máis fotos da actividade: aquí.
O alumnado de 6º B de EP remata a súa andaina polo Club de Ciencias neste curso, facendo mesturas e vendo distintas formas de separación:
- Evaporación de mestura de auga con sulfato cúprico / con cloruro sódico (sal común) / con azucre / con pousos de café.
- Filtración de auga con terra.
- Imantación dunha mestura de area con limaduras de ferro.
Con algunha mestura non saíu como esperabamos.
No seguinte álbum podedes ver o resultado.
O alumnado do club de ciencias de 6º B de EP e 2º A de ESO traballou as leis de Newton, consideradas como as máis importantes da mecánica clásica neste obradoiro:
- A lei da inercia.
- A relación entre forza e aceleración.
- A lei de acción e reacción.
Pero sobre todo esta última tan importante para o lanzamento dos foguetes.
O obradoiro constou de tres partes:
- Unha parte teórica cunha exposición moi interesante sobre as leis de Newton e os foguetes e satélites artificiais, ou sexa, a viaxe ao espazo.
- A construción propiamente do noso foguete feita polo alumnado, grazas ás indicacións de Óscar e Antonio os monitores de Ciencia en Ruta.
- O lanzamento dos foguetes, esta parte foi a que levantou máis expectación entre o alumnado.
Todos os grupos querían repetir os lanzamentos e o alumnado da ESO incluso foi capaz de acertar a cantidade de auga máis axeitada para que o foguete acadase velocidade.
FOI INTERESANTÍSIMO!
Mércores, 12 de maio, 2021
Semana das gomiciencias.
Prepara as túas gominolas mentras aprendes como se fai un proceso de xelificacion sinxelo e moi doce.
No corredor de secundaria atoparedes o recuncho lector do Club de Ciencia con suxestións de libros e películas de temática científica (física, química, bioloxía, matemáticas...).
Mércores, 28 de abril, 2021
O Club de Ciencia e o Departamento de Plástica organizou un obradoiro de cianotipia dirixido ao alumnado de 4º ESO da materia de Física e Química e Plástica.
A cianotipia é unha técnica de impresión de negativos en diversos tonos de azul. Emprégase unha mestura de reactivos fotosensibles á luz ultravioleta, ferrocianuro potasio e citrato férrico amoniacal. A mestura aplicarase sobre un papel empregando un pincel e deixando secar evitando a luz solar. Cúbrese o papel co obxecto que se queira fotografiar, neste caso unha composición de plantas, cubrímola cun cristal, suxéitase e exponse á luz solar entre 5 e 8 minutos. Lávase en auga fría en tres cubetas durante cinco minutos en cada unha e déixase secar sen exposición directa á luz solar.
O resultado podédelo ver no seguiente álbum:
O alumnado de 3º ESO integrante do club de ciencia preparou uns xeroglíficos no que o resto do alumnado ten que adiviñar de que elemento químico se trata.
Hoxe tivemos o derradeiro obradoiro co gallo de Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, foi impartido por Digna, profesora de Física e Química na ESO.
Nel traballamos as estruturas balanceadoras empregando cortizas, pinzas e paus.
Co gallo de Novembro. Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas o Club de Ciencia colaborará co equipo da Biblioteca elaborando distintos obradoiros para acercar a ciencia ao alumnado do centro.
Hoxe tivemos o primeiro obradoiro da man de Digna, profesora de Física e Química, nel aprendemos a importancia de lavar as manas con auga e xabón así como o que ocorre cando lavamos unha máscara.