Obradoiro de foguetes
O alumnado do club de ciencias de 6º B de EP e 2º A de ESO traballou as leis de Newton, consideradas como as máis importantes da mecánica clásica neste obradoiro:
- A lei da inercia.
- A relación entre forza e aceleración.
- A lei de acción e reacción.
Pero sobre todo esta última tan importante para o lanzamento dos foguetes.
O obradoiro constou de tres partes:
- Unha parte teórica cunha exposición moi interesante sobre as leis de Newton e os foguetes e satélites artificiais, ou sexa, a viaxe ao espazo.
- A construción propiamente do noso foguete feita polo alumnado, grazas ás indicacións de Óscar e Antonio os monitores de Ciencia en Ruta.
- O lanzamento dos foguetes, esta parte foi a que levantou máis expectación entre o alumnado.
Todos os grupos querían repetir os lanzamentos e o alumnado da ESO incluso foi capaz de acertar a cantidade de auga máis axeitada para que o foguete acadase velocidade.
FOI INTERESANTÍSIMO!