Club de ciencia
Na sesión de hoxe o alumnado de 1.º e 2.º de ESO realizou dous experimentos:
- Crear unha pirámide holográfica para ver vídeos e imaxes en 3D empregrando os seus móbiles.
- Crear unha estrutura antigravidade.
Máis fotos da actividade: aquí.
Onte, 8 de maio, o alumnado de 3.º e 5.º de EP visitou Galiciencia, a temática deste ano foi "Mellor de madeira". O alumnado participou en dous obradoiros e visitou a feira científica onde puido ver os proxectos feitos por nenos e nenas de toda Galicia.
Un marabilloso paseo pola ciencia!
Actividade organizada polo club de ciencia.
Preme na imaxe para ver un vídeo da excursión.
Máis fotos da actividade: aquí.
O alumnado do club de ciencias de secundaria participou no concurso de fotografía organizado por Galiciencia titulado "Mellor de madeira".
Suevia (1.º A ESO) - O mundo de madeira do meu avó.
Máis fotos participantes no concurso: aquí.
O alumnado do CPI participa no concurso organizado por Galiciencia, teñen que realizar un deseño da camiseta oficial deste ano. O lema desta edición é "Mellor de madeira".
No seguiente enlace podedes ver os deseños creados polo alumnado.
Actividade organizada polo Club de Ciencia.
Na sesión de hoxe o alumnado de 1.º e 2.º de ESO gozou de dous experimentos. No primeiro extraeron os pigmentos fotosintéticos das plantas e no segundo fixeron unha columna de densidade coas cores do arco da vella.
Preme na imaxe para ver un vídeo da actividade.
O alumnado de 5.º B de EP celebra a semana do 11F, Día da Muller e da Nena na Ciencia, facendo experimentos relacionados coa auga para o alumnado de 1.º e 2.º de EP coas explicacións en inglés, grazas á colaboración da profe de inglés.
Preme na imaxe para ver un vídeo da actividade.
Na semana da Muller e da Nena da Ciencia hoxe foi a quenda do departamento de física e química que organizou unha actividade relacionada coa xenetista Barbara McClintock. A actividade consistiu en experimentar con maicena ata formar un fluido non newtoniano.
Preme sobre a imaxe para ver un vídeo sobre a actividade.
Máis fotos da actividade: aquí.
Continuamos a celebrar o 11F Día da Muller e da Nena na Ciencia, hoxe o departamento de tecnoloxía preparou unha actividade relacionada coa enxeñeira Elena García Armada. A actividade consistiu en crear un robot grafiteiro (relacionando así co PDI do centro).
Preme sobre a imaxe para ver un vídeo coa actividade realizada.
Máis fotos da actividade: aquí.
Durante toda esta semana o club de ciencia realizará distintas actividades nos recreos para celebrar o 11F: Día da Muller e da Nena na Ciencia.
No recreo de hoxe, o departamento de bioloxía do Club de Ciencia organizou unha actividade relacionada coa bióloga mariña Rachel Louise Carson. Fíxose un experimento relacionado co Prestige e o seu impacto medioambiental no medio mariño.
Preme na imaxe para ver máis fotos da actividade.
O alumnado de 1.º ESO do club de ciencia fixo un experimento simulando o ciclo das rochas empregando chocolate, simularon o paso de rochas sedimentarias a magmáticas e volcánicas con chocolate.
Máis fotos da actividade: aquí.