Club de ciencia
Xoves, 10 de febreiro, 2022.
Hoxe tivemos outra das actividades organizadas polo club de ciencia co gallo do Día da Muller e da Nena na Ciencia:
Videoconferencia para todo o alumnado de ESO impartida pola doutora en Bioloxía Margarita Poza Domínguez, investigadora en microbioloxía no Instituto de Investigación Biomédica, profesora na Universidade da Coruña.
Mércores, 9 de febreiro, 2022.
Co gallo do Día da Muller e da Nena na Ciencia que se celebra o venres 11 de febreiro, expóñense as estrelas nos corredores de Educación Primaria e Secundaria facendo así o noso "Corredor das Estrelas" cos traballos de investigación realizados nas titorías sobre mulleres científicas, na súa maioría galegas.
Luns, 31 de xaneiro, 2022.
Durante o mes de xaneiro levouse a cabo a campaña de "Apadrinamento do pingüín" na que participaron distintos cursos de educación primaria e secundaria.
As autoridades sanitarias elevaron a nivel máximo as restricións por mor do coronavirus polo que no centro extremamos as medidas de protección e limitamos as actividades do club, non houbo actividades os mércores do club de ciencia.
Luns, 20 de decembro, 2021.
Na semana do 13 ao 17 de decembro realizouse un obradoiro de luces de Nadal con plastilina conductora e un circuito sinxelo co alumnado de 3.º de EP (as súas titoras non pertencente ao club de ciencia e foi dirixido pola coordinadora do club) e de 5.º de EP.
Pódense consultar as fotos dos obradoiros na galería do centro: 3.º EP, 5.º EP.
Mércores, 15 de decembro, 2021.
Na sesión de hoxe do club de ciencia o alumnado de 1º ESO realizou un obradoiro de luces de Nadal con plastilina conductora e un circuito sinxelo, no que se incluiron conceptos de física para a elaboración do circuito empregado.
Venres, 26 de novembro, 2021.
Durante todo o mes de novembro, María Pérez, profesora de música de Educación Primaria, que pertence ao club de ciencia realizou distintas actividades coa placa Makey-Makey en todos os cursos de EP dende:
- pianos con froitas
- pianos con froitas de tempada
- Makey Makey con partituras de notas e cores.
Na galería do centro podedes ver as fotos de todos os cursos, unha pequena mostra:
1º EP, 2º EP, 3º A EP, 3º B EP, 4º A EP, 4º B EP, 5º A EP, 5º B EP, 6º A EP, 6º B EP.
Mércores, 24 de novembro, 2021.
Hoxe o alumnado de 2º ESO experimentou coas matemáticas e a música, traballando así o PDI deste ano que é a música.
Construiron e puxeron en funcionamento un monocordio de Leonardo.
Venres, 19 de novembro, 2021.
Durante esta semana a coordinadora do club de ciencia, Patricia Piñón, axudada por outra profesora do club de ciencia e as titoras de cada clase de Educación Primaria realizan as seguintes actividades:
- Visita ao acuario
- Bailan as lentellas?
- Cantimplora máxica
con todos os cursos de Educación Primaria nos cales non hai ningunha profesora participante no club de ciencia este curso.
Durante toda esta semana o alumnado de 4º EP converteuse en verdaderos científicos, algúns dos experimentos realizados foron:
- inflar un globo sen soprar,
- comprobar como se transmite o son a través dun fío,
- demostrar que a presión do aire compensa o peso da auga da botella,
- simular a erupción dun volcán coa reacción dun ácido e dunha base.
Seguimos a celebrar o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, hoxe foi o turno do alumnado de 5º EP experimentando coa cromatografía.