Club de ciencia
Luns, 20 de xuño, 2022.
As últimas semanas de xuño o alumnado de 4º EP realizaron dous obradoiros:
- erupcións volcánicas.
- slime.
Mércores, 25 de maio, 2022.
As sesións dos mércores do club de ciencia de secundaria dos meses de abril e maio estiveron adicadas á cociña molecular, nelas o alumnado de 1.º, 3.º e 4.º de ESO realizaron esferificacións con agar-agar e con alginato.
Sábado, 14 de maio, 2022.
O pasado mércores 11 de maio para celebrar a Semana Escolar das Matemáticas a sesión do club de ciencia estivo destinada ao alumnado de 2.º ESO co obradoiro Coas matemáticas pódense gardar segredos, no cal aprenderon como utilizar o código César para descifrar e codificar mensaxes.
Sábado, 14 de maio, 2022.
Celebramos a Semana Escolar das Matemáticas do 9 ao 13 de maio con obradoiros organizados polo profesorado de matemáticas do club de ciencia e dirixidos ao alumnado de primaria: xogos de cartas, construcións de figuras xeométricas, cálculo, lóxica, programación, robótica...
Podedes ver todas as actividades realizadas no Instagram da Quinta dos Libros.
Aquí podedes ver o obradoiro levado a cabo co alumnado de 5.º e 6.º de EP: construír un metro cúbico.
Actualizado: podedes ver aquí todas as fotos das actividades realizadas.
Venres, 29 de abril, 2022.
Exposición dos carteis "Mulleres Matemáticas" cedidos temporalmente pola Facultade de Ciencias Económicas de Vigo. A exposición engalana os corredores de Educación Primaria e Secundaria dende o 27 de abril ata o 18 de maio.
O motivo da exposición é para celebrar en maio a semana escolar das Matemáticas.
Xoves, 31 de marzo, 2022.
Nos meses de febreiro e marzo comezamos a preparar o terreo do horto escolar co alumnado de 4.º ESO da materia de Ciencias Aplicadas a Actividade Profesional removendo o terreo, abonando e colocando o riego automático.
O alumnado de Educación Primaria prepara as sementeiras nas aulas as cales trasladarán ao horto.
Mércores, 30 de marzo, 2022.
Xorde unha inquedanza no alumnado de 1.º de EP que é coñecer o mundo invisible e aproveitamos para facer unha xornada de microscopía con toda a Educación Primaria, achegando a ciencia ao máis pequenos do centro.
Xoves, 3 de marzo, 2022.
Hoxe todo o alumnado do centro participou nunha videoconferencia múltiple (con máis centros educativos de España) co persoal desplegado na Base Antártica Española (BAE) "Gabriel de Castilla", actividade organizada dentro da campaña de apadrinamento dun pingüín.
Mércores, 23 de febreiro, 2022.
No mes de febreiro nas xornadas do club de ciencia fixemos o obradoiro co nome "frauta eléctrica" empregando as placas Makey Makey, ía dirixido ao alumnado de 3.º e 4.º de ESO.
Venres, 11 de febreiro, 2022.
Videoconferencia para educación primaria impartida pola doutora en Bioloxía María Vázquez Ruiz de Ocenda, investigadora no centro tecnolóxico do cluster de acuicultura de Galicia, con motivo do Día da Muller e da Nena na Ciencia.