Coas matemáticas pódense gardar segredos
Sábado, 14 de maio, 2022.
O pasado mércores 11 de maio para celebrar a Semana Escolar das Matemáticas a sesión do club de ciencia estivo destinada ao alumnado de 2.º ESO co obradoiro Coas matemáticas pódense gardar segredos, no cal aprenderon como utilizar o código César para descifrar e codificar mensaxes.