Club de ciencia
No corredor de secundaria atoparedes o recuncho lector do Club de Ciencia con suxestións de libros e películas de temática científica (física, química, bioloxía, matemáticas...).
Xoves, 29 de abril, 2021.
O alumnado de 6º B de EP realizou o seguinte experimento, como extraer a clorofila dunha folla.
O proceso foi o seguinte:
Cortaron as follas en pedazos moi pequenos, os cales botaron en vasos e cubriron con acetona ao 90%.
Deixáronno repousar durante un día enteiro pero o taparon con film para evitar o cheiro forte á acetona e a evaporación desta.
Meteron papel de filtro dentro do vaso, axudáronse cun lapis ou bolígrafo para que quedase en posición vertical e deixárono durante media hora para que a clorofila fose subindo polo papel de filtro.
Así que metes o papel xa se ve como vai subindo a clorofila pero non é ata media hora despois que esta queda impregnando o papel de filtro.
O resultado foi o seguinte:
Mércores, 28 de abril, 2021
O Club de Ciencia e o Departamento de Plástica organizou un obradoiro de cianotipia dirixido ao alumnado de 4º ESO da materia de Física e Química e Plástica.
A cianotipia é unha técnica de impresión de negativos en diversos tonos de azul. Emprégase unha mestura de reactivos fotosensibles á luz ultravioleta, ferrocianuro potasio e citrato férrico amoniacal. A mestura aplicarase sobre un papel empregando un pincel e deixando secar evitando a luz solar. Cúbrese o papel co obxecto que se queira fotografiar, neste caso unha composición de plantas, cubrímola cun cristal, suxéitase e exponse á luz solar entre 5 e 8 minutos. Lávase en auga fría en tres cubetas durante cinco minutos en cada unha e déixase secar sen exposición directa á luz solar.
O resultado podédelo ver no seguiente álbum:
O alumnado de 3º ESO integrante do club de ciencia preparou uns xeroglíficos no que o resto do alumnado ten que adiviñar de que elemento químico se trata.
Venres, 26 de marzo, 2021.
O alumnado de 6º B de EP ademáis de estudar a célula e facer traballos sobre ela, decidiu confeccionar a súa propia célula utilizando os elementos que tiña ao seu alcance.
Este é o resultado do seu bo traballo.
Xoves, 25 Marzo, 2021.
Videoconferencia co Dr. David Freire, médico xefe da UCI do CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario A Coruña), dirixida ao alumnado de 3º e 4º ESO, no que o alumnado aproveitou para facerlle varias preguntas sobre a pandemia, as vacinas, consellos para estes días de Semana Santa...
Mércores, 24 Marzo, 2021
Obradoiro de cociña molecular levado a cabo polo alumnado do club de ciencia da ESO.
Este ano o lema é Matemáticas por un mundo mellor.
O equipo do club de ciencias en colaboración co equipo de biblioteca preparou unha escolma de lecturas e películas sobre as matemáticas que atoparedes en varios recunchos lectores do centro.
Gozade da lectura e das matemáticas.
14/02/2021
O pasado venres 12 de febreiro o alumnado de 2º ESO realizou un obradoiro por San Valentín no que comprobaron como as liñas rectas se converten en curvas a través dun hilorama con forma de corazón.
Se vos animades a facelo na casa podedes descargar aquí a plantilla, só precisades como material unha cartulina (ou cartón), tesoiras e fío.
Durante esta semana puidemos gozar dunha exposición realizada polo alumnado do club de ciencia de 6º B EP na que nos descubriron moitas mulleres científicas descoñecidas.