Club de ciencia
Mércores, 14 de decembro, 2022.
Este ano o club de ciencia actuará no festival de Nadal do CPI, parte do alumnado de 1º e de 2º de ESO está a preparar a súa actuación, terán que explicar os experimentos realizados ao resto de alumnado do CPI.
Mércores, 30 de novembro, 2022
Para rematar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas o Club de Ciencia organizou un show científico a cargo do divulgador David Ballesteros (colaborador do programa Aquelando na TVG), no que o alumnado de 1º e de 2º de ESO gozaron e aprenderon coa ciencia.
Ver o álbum e vídeo da actividade.
Xoves, 24 de novembro, 2022
Parte do alumnado de 1º ESO do club de ciencia, no marco das actividades do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, prepararon un obradoiro para explicar o concepto de densidade dos corpos aos compañeiros e compañeiras de 4º e 5º de EP.
A sesión de preparación foi onte, mércores ao mediodía.
Podedes ver aquí o vídeo coa preparación e o obradoiro realizado.
Xoves, 17 de novembro, 2022
Presentamos "Ciencia na Mata" unha serie de podcasts nos que falaremos de temas científicos.
Xa podedes escoitar o primeiro programa na canle de IVOOX da radio do CPI, A Voz da Mata.
Neste primeiro podcast o alumnado de 1º ESO do club de ciencia infórmanos do programa para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas no noso CPI e danos a coñecer a Fleming.
Preme aquí para escoitar o programa.
Ver o álbum e vídeo da actividade.
Mércores, 16 de novembro, 2022.
Na sesión do club de ciencia de ESO o alumnado de 3º e 4º ESO experimentou coa densidade e onde se depositan os distintos obxectos introducidos unha vez feita a columna de densidades.
Mércores, 16 de novembro, 2022
O club de ciencia en colaboración coa biblioteca segue a celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, esta semana foi a quenda do alumnado de 5º EP (o luns, 5º A EP; o mércores, 5º B EP) co obradoiro Coas mates pódense gardar segredos, co cal coñeceron o código César e aprenderon a codificar e descifrar mensaxes.
Xoves, 10 de novembro, 2022
Co gallo do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
o alumnado de 6º EP do club de ciencia experimentou coa densidade, actividade moi vencellada co PDI deste ano Eureka! Inventos, inventores e inventoras.
Ver o álbum e vídeo da actividade.
Mércores, 19 de outubro, 2022.
Hoxe tivo lugar a primeira reunión do club de ciencia de ESO, foi a quenda do alumnado de 1º e 2º ESO.
O PDI do centro este ano leva por título Eureka! Inventos, inventores e inventoras, por ese motivo a primeira actividade foi experimentar coa densidade. Visionamos un vídeo sobre Arquímedes, creamos unha columna de densidades e investigamos a ver onde se depositaban os distintos obxectos introducidos unha vez feita a columna.
Club de ciencia: Curso 2022-2023
Anónimo — 19 Septembro, 2022 - 19:52
Luns, 19 de setembro, 2022.
Empeza un novo curso e con el as actividades do club de ciencia.
O alumnado de ESO interesado pódese anotar nas súas aulas de ciencias ou falar con Óscar (coordinador do club e profesor de bioloxía), Irene (bioloxía), Raquel (física e química) ou Merce (matemáticas).
Martes, 22 de xuño, 2022.
En 5.º de Educación Primaria para rematar o curso o día 21 de xuño realizaron dous obradoiros:
- separación de disolucións por evaporación de cristais de azucre - sal - café.
- experimento de flotabilidade.