Obradoiro: Coas mates pódense gardar segredos (5º EP)
Mércores, 16 de novembro, 2022
O club de ciencia en colaboración coa biblioteca segue a celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, esta semana foi a quenda do alumnado de 5º EP (o luns, 5º A EP; o mércores, 5º B EP) co obradoiro Coas mates pódense gardar segredos, co cal coñeceron o código César e aprenderon a codificar e descifrar mensaxes.