primaria
Xoves, 13 Febreiro, 2020
A celebración da semana da Muller e da Nena na Ciencia rematou cun obradoiro que consistía na construción dun volcán e que estaba dirixido ao alumnado de Educación Primaria.
Trátase dun experimento sinxelo e pouco perigoso en que se emprega bicarbonato e vinagre. Cada grupo de estudantes deseñou o seu propio volcán empregando unha botella pequena de auga que rodearon de plastilina e decoraron ao gusto. Engadiron o vinagre e o colorante e, logo, amodiño, o bicarbonato. Produciuse unha erupción suave e, para rematar, decidimos obter unha “explosión” mais vistosa engadindo un paquete de caramelos mentos a unha botella de Coca Cola.