O microscopio
Venres, 21 de maio, 2021
O alumnado de 6º B de EP continúa a experimentar; esta vez usando o microscopio para ver distintas mostras de seres vivos do laboratorio de secundaria.
Tan interesante foi a sesión que a nai dun alumno conseguiulles máis mostras das que ela mesma analiza na súa clínica de animais. Grazas a isto viron células animais, vexetais, glóbulos vermellos, plaquetas e tamén ácaros, bacilos, cocos, células reproducíndose...
Estas son algunhas das cousas que tiveron a sorte de ver:
- Escamas de bolboreta
- Óso compacto
- Pata de mosca
- Ril de coello
- Fígado de ovella
- Cloroplastos
- Cotiledónea
- Raíz, talo e folla de monocotiledónea
- Dicotiledónea
- Urina de gato (infectada)
- Linfoma de can (cancro de ganglios simpáticos)
- Pelo de can (ácaros no pelo)
- Orella externa e interna de can con dermatite (malasezia pachynodermia)
- Citoloxía ocular de can
- Citoloxía de nódulos subtucular de gato
- Frotis de sangue de can
A experiencia foi moi interesante.