Primaria

A etapa da educación primaria é un período no que se producen importantes cambios no desenrolo evolutivo do alumnado, tanto a nivel cognitivo, como a nivel social, afectivo ou motor. Tendo isto en conta, no CPI Manuel Suárez Marquier, apostamos por unha educación integral, abarcando cada un dos niveis de desenrolo e non soamente o aspecto cognitivo.

O luns, 30 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de EP gozou dunha xornada conxunta co CRA María Zambrano para celebrar o Día da Paz.

Primeiro asistiron a un contacontos no Auditorio do Rosal, ao rematar merendaron na escola de Couso e finalmente participaron na carreira solidaria que tiña lugar na Praza do Calvario.

Álbum: 2022-2023 -> Día da Paz: 1º, 2º EP

Venres, 11 de marzo de 2022.

Hoxe, o alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de EP desfrutou dunha sesión de cine organizada pola Concello do Rosal, cine en igualdade.

Visionaron a película Valentina, gañadora este ano dun Goya na categoría de película de animación. A protagonista é unha nena con síndrome de Down.

Os días previos, o alumnado estivo a traballar sobre a película, que carteis máis chulos crearon!!!

Álbum: ACTIVIDADES 2021-2022 -> Cine: Valentina

O martes, 22 de febreiro, os grupos de 4.º A e 4.º B de Primaria foron á Praza de Abastos e ao supermercado para traballar os números decimais.

Unha saída de 9,99 ou mellor dito de 10!

 

Álbum: ACTIVIDADES 2021-2022 -> Saída para traballar decimais (4º A e B de EP)

Obradoiro de entroido, alumnado de 1º de EP.

Álbum: ACTIVIDADES 2021-2022 -> Obradoiro de Entroido 2022: 1º EP

Nesta semana de entroido o grupo de 4º B de EP estivo descubrindo os/as personaxes tradicionais.

Fixeron uns marabillosos traballos a tamaño real para amosarllos a todo o cole.

Temos unha cultura que merece ser compartida.

.

Álbum: ACTIVIDADES 2021-2022 -> Personaxes tradicionais do entroido galego (4º B EP)

O venres, 5 de novembro, o alumnado de 3º EP gozou dunha saída ao punto limpo e As Aceñas.

Podedes ver o que o ben que o pasaron nas seguintes fotos.

Álbum: ACTIVIDADES 2021-2022 -> Excursión: Punto limpo e As Aceñas (3º EP)

UN DÍA PRECIOSO, EN TODOS OS SENTIDOS!

Este venres 22, o alumnado do Primer Ciclo de EP foi o primeiro grupo en gozar dunha saída escolar.

Foron ao Punto Limpo, seguiron ata As Aceñas e voltaron ao colexio superledos e cun feixe de coñecementos adquiridos.

Parabéns!!!

Álbum: ACTIVIDADES 2021-2022 -> Excursión: Punto limpo e As Aceñas (1º e 2º EP)

Reunión de titoría inicio de curso: 4º EP

Enviado por MerceDS o 3 Outubro, 2021 - 21:00

O vindeiro martes 5 de outubro terá lugar ás 19:00 h a reunión de titoría de inicio de curso de 4º de EP.

.

09/10/2021

Co gallo do Día das Persoas Xordas que se celebra o 26 de setembro o alumnado de 4º EP fixo un cartel no que aparece un código QR enlazando a curta "Tamara":

 

 O alumnado de 4º B de EP aprendeu o seu nome en linguaxe de signos, podedes ver o resultado no seguinte vídeo.

Álbum: ACTIVIDADES 2021-2022 -> Día das persoas xordas: 4º EP
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.