A Educación Secundaria Obrigatoria correspóndese co período de maduración dos nosos alumnos; por iso consideramos de vital importancia as ensinanzas que porporcionamos nesta etapa. Apostamos por unha educación integral que abrangue cada un dos diferentes ámbitos que conforman a persoa.
Por outra banda, somos conscientes dos grandes cambios que implica a adolescencia nos rapaces; por dito motivo, preocupámonos por ofrecer unha coidada atención á diversidade, en colaboración constante co Departamento de Orientación.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |