Primaria

Comeza o curso cargado de novos retos e desexos. O alumnado de 4º B de EP decidiu agochalos nunha cápsula do tempo que, ao igual que un tesouro, enterrou no xardín do colexio. Alí permanecerá ata o último día do curso, para que con traballo e motivación florezan as súas ilusións.

 

Álbum: ACTIVIDADES 2021-2022 -> Cápsula do tempo (4º B EP)

O martes, 7 de setembro, o novo alumnado de 1º de EP tivo a xornada de acollida no centro, coñeceu a súa titora Gloria, gozou dun mini concerto de benvida así como dun obradoiro de ilustración, e recorreu as instalacións do centro: laboratorio de primaria, pavillón de educación física, recunchos lectores, a radio na biblio, a biblioteca...

Ao rematar a xornada recibiu un agasallo da biblio e da radio do CPI.

Álbum: ACTIVIDADES 2021-2022 -> Xornada de acollida 1º EP - Curso 2021-2022

Rematamos o curso presentando aos compañeiros de 5º de EP todo o aprendido sobre robótica esta tempada.

Explicamos como funciona o Mbot, como se controla, como debemos programar e cales son os compoñentes que os forman: placa, sensores, paneis LED...

Multitude de coñecementos e inquedanzas que poderán poñer en práctica o próximo curso 2021-2022.

 

FELICES VACACIÓNS!!!

#roboticaprimaria

 

Álbum: 2020-2021 -> Robótica primaria: última sesión

Unha vez montados os Mbots, solicitamos diversas tablets ao CFR de Vigo para poder desenvolver de xeito máis dinámico as tarefas de programación co MBlock e o programa Mblock Blocky. Prácticas entretidas e dinámicas de introdución á robótica en educación primaria.

#roboticaprimaria

 

Álbum: 2020-2021 -> Robótica primaria: Prácticas de programación

Finalizamos o mes de marzo coa montaxe dos Mbots.

O alumnado de 6º A leva a cabo un obradoiro de montaxe dos robots, seguimentos de textos instructivos para chegar a un fin, a montaxe dos robots que controlarán a través do software MBlock.

#roboticaprimaria

 

 

Álbum: 2020-2021 -> Robótica Primaria: Marzo

O alumnado de 6ºA, guiados pola súa titora Lara, comezan a familiarizarse co programa MakeBlock cos seus equipos de abalar.

 

#roboticaprimaria

 

Álbum: 2020-2021 -> Robótica Primaria: Primeiro contacto coa programación

O alumnado de 1º e 2º EP construíu unhas casas para paxaros que foron colocadas nas árbores do centro co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente.

Actividade organizada polo equipo de biblioteca do CPI.

Parabéns polo voso traballo!!!

Álbum: 2020-2021 -> Día do Medio Ambiente: 1º y 2º EP

O alumnado de 6º de EP gozou de dous obradoiros de teatro ao longo do curso, enmarcados dentro do Plan Proxecta para acadar a excelencia académica.

O primeiro taller foi dirixido por Ailén Kendelman, coa que traballaron a expresión corporal, a coordinación e a improvisación entre outras cousas. Fixeron unhas esceas moi divertidas!

O segundo taller foi levado a cabo por Jorge Rúa, con quen moveron todo o seu corpo dunha forma diferente e traballaron a noción espacial e sobre todo a expresarse a través do corpo. Crearon fotos sorprendentes co seu corpo!

O alumnado aprendeu moito e sobre todo o desfrutou moitísimo.

Moitas grazas polos talleres!

O álbum elixido (aid = 180) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Este curso 2020-2021 concedéronlle ao noso centro o programa de Introdución á Robótica en Educación Primaria. Este mes de xaneiro comezaron as formacións das mestras de primaria para coñecer os diferentes compeñentes que conforman os MBots e a súa montaxe, para posteriormente  poder realizar a montaxe de varios equipos co alumnado de 6ºA.

Nas primeiras sesións de formación realizamos un achegamento á programación son Mblock software necesario para o manexo dos MBots.

 

#roboticaprimaria

Álbum: 2020-2021 -> Robótica Primaria: Formación do profesorado

Venres, 14 de maio, 2021.

Co gallo do 12 de Maio: Día Escolar das Matemáticas durante toda a semana o alumnado de primaria gozou duns obradoiros de matemáticas onde puideron achegarse a elas dunha maneira máis recreativa e lúdica.

Neles realizaron sudokus, figuras xeométricas, traballaron o cálculo e a orientación espacial, tiveron xogos de lóxica, construiron un metro cuadrado e un metro cúbico...

As actividades estiveron organizadas polo Equipo de Biblioteca Creativa e o Club de Ciencia.

Álbum: 2020-2021 -> Semana das Matemáticas
Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.