FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2023/24
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CURSO ESCOLAR 2023/24
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023 (ambos incluidos).
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso.
Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24.
No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2023/24, deberá presentala no centro no que estivese matriculado no curso 2022/23.
FORMAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- Electrónica: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada alumno/a.
- Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
- Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.
DOCUMENTACIÓN
Anexo I (debidamente cuberto e coa documentación complementaria necesaria: copia do libro de familia, certificado acreditativo do grado de discapacidade, violencia de xénero...)
Anexo II (autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante)
Solicitude: Anexo I e II
Para consultar a Orde do DOG, preme AQUÍ.
_______________
Actualizado:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |