2ºEd.Primaria

Entroido 2020

24/02/2020 13:44
Europe/Madrid

O pasado venres, día 21, festexamos o Entroido no Cole.

Desde primeira hora da mañá tivemos unha serie de obradoiros (maquillaxe, caroutas, desfile ...) para continuar despois cunha merenda conxunta , unha peli e a última hora da mañá sair  todos xuntos ao patio para ver cómo queimaban a "Meca"

Pinchando abaixo poderedes ver as fotos

Un saúdo

Saída 2º Naturnova

05/02/2020 19:08
Europe/Madrid

Hoxe, o alumnado de primeiro e segundo, fixemos unha saída didáctica a Vigo para visitar unha exposición en Naturnova. 
Encantóunos descubrir novas experiencias de reciclaxe, contaminacións lumínicas, sonoras... e desfrutar de segredos que a natureza nos ten preparados

Foi fascinante a viaxe que fixemos en submarino, todo un descubremento moi enriquecedor dun fondo mariño que debemos coidar e protexer

Se clikades no enlace poderedes ver una chea de fotos desta fantástica aventura 

 

2ºEd.Primaria agasállanos cunha panxoliña

Os nosos cativos de 2ºEd.Primaria prepararon esta panxoliña xunto coas súas mestras. Feliz Nadal!!

 

BO NADAL

21/12/2019 02:09
Europe/Madrid

Moi Bo Nadal!

As titoras de segundo desexamos que teñades un merecido descanso, que desfrutedes da familia e do tempo de lecer 

Esperámosvos á volta coas pilas moi cargadas para seguir dando "guerra"

Bicos a moreas soletes

Mónica e Eva

 

O Apalpador

18/12/2019 19:27
Europe/Madrid

Dende as montañas do Caurel, chegounos hoxe unha visita moi especial

 Petou na porta mentres preparábamos os nosos traballos do Trimestre... volveu petar, e sen máis,apareceu pola clase un persoaxe bastante "ruidoso" que nos traía un agasallo

O APALPADOR 

 

 

 

 

Contos que contan

18/12/2019 19:10
Europe/Madrid

Pois hoxe foi o alumnado de 2B quen agasallou aos nenos de 2A coa fantástica historia de Martiño e o pequeno "apuro" que pasou na noite de Reís ...

Se queredes saber máis  preguntade a estes "artistas "

 

Hora de Ler

17/12/2019 19:05
Etc/GMT+1

Hoxe a Hora de Ler foi moi especial para os nenos e nenas de Cova Terreña. Acercámonos ata a aula de segundo de Fontes e nesta ocasión foron os nosos nenos os que contaron e "cantaron"as historias de Cocorico, A princesa do Caurel e de Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis 

Tamén levaron agasallos feitos por eles para agradecer, dalgún modo a boa acollida que nos fixeron

Agardamos poder repetir e compartir máis momentos

 

 

Visita Especial

 

O pasado xoves ,fumos convidados a participar dunha charla moi interesante e educativa xunto cos compañeiros de Fontes Baíña sobre a discapacidade.

Neste caso tratábase da discapacidade visual e ata o Centro viñeron dúas rapazas acompañadas da súa perra guía

Aprendimos moitas cousas e nos dimos conta, grazas a súa experiencia diaria, de que aínda nos queda un longo camiño por percorrer 

PRÁCTICAS NO LABORATORIO

Nestas prácticas tivemos os mellores profesores e as mellores profesoras; os nosos compañeiros e as nosas compañeiras da ESO.

METEOESCOLA NA AULA DE 2º A

 

Durante este curso participamos neste proxecto, con moita ilusión desde o primeiro día.

Deseñamos un espazo onde colocamos: adhesivos de distintos tipos de nubes, de termómetros, de pingas de auga, de sol e de vento; letreiros das estacións e un calendario cos meses do ano.

 Fomos recollendo todos os días lectivos datos sobre a temperatura, precipitacións, vento... Con eses datos elaboramos unhas táboas para estudar estas variables ao longo destes meses.

Este proxecto fomentou no alumnado a responsabilidade, o interese, as ganas de aprender e de investigar.

Iniciáronse en conceptos estatísticos, cando empezamos a elaborar as gráficas e a interpretar os resultados.

A nivel competencial foi a matemática, a competencia básica en ciencia e tecnoloxía e a competencia prender a aprender as protagonistas do proxecto.

CA/AC

     
 

2º A  EDUCACIÓN PRIMARIA

 
 

 

 PARA VER OS VÍDEOS FACEDE CLIC NOS  TÍTULOS DAS

 PRESENTACIÓNS. A DESCARGA É SEGURA

 
 

 

Presentación do proxecto e dos grupos

 

 

Presentación de cargos

 

 

Presentación da unidade didáctica "A poesía" co programa CA/AC

 

 

 

Presentación da estrutura de folio xiratorio

 

 

Presentación da estrutura de lapís ao centro

 

 
 

CLASE NA CAPITANÍA E RECOLLIDA DE INFORMACIÓN 

 
 

 

 

 

 

   

SAÍDA DIDÁCTICA. ECOSISTEMAS

 

A DUNA DA PRAIA LADEIRA E A SÚA CONTORNA

 

 

Seguimos aprendendo a xogar ao xadrez

Alumnos de 4º da ESO seguen ensinándonos a xogar ao xadrez. Por mal tempo, esta vez tivemos que quedarnos na aula pero eso non foi impedimento para pasalo xenial.

Dende aquí, tamén lles agradecemos a estos maiores que veñan no seu recreo a xunta nosa.

Pasámolo xenial!

8ª fase: aprendemos xogando ao xadrez no patio do Cova

Durante o recreo, do día 3 de maio, os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria participaron na actividade “Aprendemos xogando ao xadrez”. A actividade estivo guiada polos alumnos de 4º de ESO e a profesora Patricia Cabadas.

O xadrez, grazas as súas propiedades lúdicas e intelectuais, converteuse nunha ferramenta educativa que permitiu ao alumnado desenvolver habilidades de pensamento, aumentar as capacidades, fomentar valores e favorecer a inclusión social.

 

Obradoiro no laboratorio

ESTA MAÑÁ ACUDIMOS AO LABORATORIO DO COLE.


PABLO, MANUEL, BÁRBARA, SIRA E DANIEL, QUE SON ALUMNADO DA ESO, AXUDÁRONNOS A FACER DIFERENTES MEDICIÓNS. XOGAMOS A PESAR MASAS E MEDIR VOLÚMENES E PERÍMETROS.

PASÁMOLO XENIAL E DAMOSLLE AS GRAZAS AOS NOSOS "PROFES" DE HOXE QUE O FIXERON MOI BEN.

SE PREMEDES NOS ADXUNTOS PODEDES VER TODAS AS FOTOS.

ENTROIDO 2019

 

  OS BOLOS  
     

      
 

 

  

 

 

           
   
     

RELATOS DO NADAL NAS NOSAS AULAS

HOXE TIVEMOS A SORTE DE ESCOITAR UNS RELATOS DO NADAL REALIZADOS POR ALUMNADO DA ESO. OS NENOS E NENAS DE 2º LLES ENTREGAMOS ALGÚNS PREMIOS AOS GAÑADORES.

GRAZAS POR ACUDIR ÁS NOSAS AULAS PARA LERNOS OS VOSOS TRABALLOS!

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031