volumen
Proxecto competencial: construímos corpos xeométricos que sumen 1 litro
En 2º de ESO, na materia de Matemáticas, esta terceira avaliación traballamos os corpos xeométricos e o seu volume.
Despois de familiarizarnos cos tipos de corpos xeométricos, o seu desenvolvemento plano e as fórmulas empregadas para calcular a súa área e volume, o alumnado desenvolveu un proxecto competencial baixo as seguintes premisas:
- Debían construir con papel ou cartulina un cilindro, un prisma cadrangular recto e un cubo.
- O volume total dos tres corpos debía sumar 1 litro.
O proxecto permitiu poñer en práctica o traballado na unidade didáctica e desenvolver a competencia matemática combinando o cálculo, o razonamento e unha actividade manipulativa.
Na fotografía poden observarse dous dos traballos entregados.
»
- blogue de carla.iglesias
- APIs de Blogue