Semana da Ciencia
Difusión de ciencia e matemáticas en galego
Con motivo da Semana da Ciencia o alumnado de 4º da ESO preparou cartelería relacionada co libro de lectura obrigada "El diablo de los números". Deste xeito, cada cartel expoñía un concepto matemático ou curiosidade para dar a coñecer á comunidade educativa e divulgar así dun xeito visual o mundo das matemáticas, empregando ademais a lingua galega en troques do habitual castelán.
Nos arquivos adxuntos están os pósters seleccionados para a súa exposición durante a Semana da Ciencia.
»
- blogue de carla.iglesias
- APIs de Blogue
Exposición do aparello fonador e os espectogramas.
Nunca te preguntaches como emites sons cando falas? Nunca reparaches en que órganos moves para facelo? E nunca pensaches se eses sons... teñen forma?
Para clarificar todas estas dúbidas o pasado mes de abril, co gallo da Semana da Ciencia, o alumnado da materia de Lingua galega e Literatura de 1º da ESO elaborou maquetas dos distintos órganos que conforman o aparato fonador coa fin de representar o seu funcionamento. Para alén diso, tamén convidamos aos visitantes a iniciarse no mundo da Fonética realizando espectogramas, a representación visual dos fonemas, de cadansúa vogal da lingua galega (7).
Por tanto, esta pequena exposición tentou axudar a entender un chisco mellor ese proceso que realizamos milleiros de veces ao día para nos comunicar.
»
- blogue de
- APIs de Blogue