Skip to Content

Festival de Decembro 2016.

Un ano máis chegou Decembro e con el o tan esperado Festival do noso colexio onde os nosos rapaces e rapazas nos amosan que grandes artistas temos en Cuntis. Ademáis das actuacións, das fotos do festival e co Apalpador no corredor principal, tamén podedes ver a entrega de premios que fixemos para agasallar ao alumnado que participou activamente no Mes da Ciencia e coa Aociación Avanzar.

Moitas grazas a todos e todas que fixestes posible este remate de trimestre tan bo e vémonos prontiño despois do Nadal.

   

     FOTOS FESTIVAL                                        VIDEOS ACTUACIÓNS                             FOTOS APALPADOR

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO 2017

VISITA DA PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Esta mañá visitou as obras realizadas no centro (reparación do patio e dos paseos de acceso ao centro) con orzamento da Deputación Pontevedra a súa presidenta Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Cuntis, a Concelleira de Servizos socias e a presidenta da Anpa Obaño. Aproveitamos a ocasión para solicitarlle a realización de outras obras necesarias para o colexio.

Así mesmo, a presidenta da Deputación de Pontevedra quixo parabenizar persoalmente ao alumnado e ao profesorado polo PRIMEIRO PREMIO DE Telearqueoloxía que organiza a institución que preside a través do Museo de Pontevedra.

 

     

 

                                                                                                                                                                         

 

 

Roteiro da Memoria Histórica 2016

Para pechar o "Mes da Memoria Histórica", o alumnado de 4º da ESO realizou un percorrido por algúns dos lugares de Cuntis relacionados cos represaliados durante a ditadura franquista (Aurelio M. Rey García, Uxío Souto, ...).  A visita foi guiada por Heitor Picallo, da asociación "O Fervedoiro".

Botádelle unha ollada ás fotos que tiramos premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.

               

Visita dos Paxes dos Reis Magos. 2016

Este luns 19 de decembro o alumnado de educación infantil tivo unha visita moi esperada por todos e todas, estiveron con nós os Paxes das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Chegaron a media mañá ao noso colexio e estiveron percorrendo as aulas dos/as mais cativos/as para interesarse por eles/as e para facerlles entrega da carta para pedir os agasallos.

Podedes botarlle un ollo ás fotos que sacamos premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.   

Premios Telearqueoloxía 2016

Os nosos mozos e mozas de 1º da ESO veñen de gañar o 1º Premio de Telearqueoloxía dentro da Categoría Lascas( vídeos dun máximo de 5 minutos realizadas por menores de 18 anos) organizado polo Museo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra. Dentro da materia de Paisaxe e Sostibilidade, xunto co profesorado de Plástica e Lingua Galega, o alumnado de 1º da ESO realizou a curtametraxe titulada "Castro-land-ín" na que presentan dun xeito bastante curioso o noso patrimonio cuntiense.

Este venres 16 de decembro un pequeno grupo de alumnos/as, en representación dos seus compañeiros/as de curso, xunto coas profesoras Hortensia Fernández Torre do departamento de Plástica e Natividad Diéguez Pardo do departamento de Lingua Galega asistiron á entrega de premios e visionado das curtametraxes galardoadas.

Premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos podedes ver algún dos momentos da entrega de premios e botarlle un ollo á curtametraxe gañadora.

                         

Moitos parabéns polo traballo ben feito!!

Festival de Decembro 2016

      

      

Memoria Histórica 2016. Visita e charla de Eladio Anxo Fernández Manso

Este xoves 15 de decembro, dentro das actividades programadas para a Semana da Memoria Histórica do noso colexio, visitounos o noso antigo compañeiro e profesor Eladio Anxo Fernández Manso, que tivo a ben compartir co alumnado de 3º e 4º da ESO todo o traballo que ten sobre Joaquín Balboa e os seus compañeiros de deportación. Para ilustrar este traballo, ademáis da súa charla tamén puidemos contar cunha exposición de paneis informativos sobre a temática no correddor principal do centro.

Premendo nestas imaxes podedes ver algunhas fotografías que tiramos para lembrar esta actividade e a volta dun compañeiro de sempre ao noso colexio. Moitas grazas Eladio e volta cando queiras á túa escola.

       

Concurso Telearqueoloxía

O alumnado da materia de Paisaxe e Sostibilidade de primeiro da ESO do noso colexio realizou co profesorado de Plástica e Galego unha curtametraxe titulada "Castrolandín" para un concurso, premede no seguinte enlace para velo e se vos gusta votádeo por favor! Graciñas!

                   

                                        http://telearqueoloxia.museo.depo.es/index.php/lascas/

Susa Herrera visita novamente o noso centro

Este venres 9 de decembro volveu visitar o noso colexio a mestra Susa Herrera cargada de cancións, ritmos, bailes e moita diversión. Veunos presentar o seu novo libro "En Cabárceno se sigue cantando", continuación do anterior "En Cabárceno se oye cantar" que ademáis das letras das cancións ven acompañado dun CD e dun DVD, para escoitar e aprender as coreografías máis animadas. Desta vez o alumnado que puido desfrutar desta visita foi o de catro e cinco anos de infantil e os de primeiro, segundo e terceiro de primaria.

Moitas grazas Susa por facernos pasar un momento tan divertido e achegarnos un chisquiño máis a eses teus animais encantadores.

Premede nestas imaxes ou visitade a nosa galeria de fotos para que vexades que tanto se divertiron os/as nosos/as cativos/as.

  

Os contos da Anduriña

Este luns 5 de decembro o alumnado de educación infantil do noso centro e da escola unitaria de Arcos de Furcos recibiron unha visita moi misteriosa, a fada dos contos Anduriña e a súa amiga Xoaniña. Entre as dúas personaxes contáronnos un montón de historias cheas de maxia e valores moi positivos como o respeto polos demais, a xenerosidade, a responsabilidade, e unlongo etc. Aprendemos moitas cousas, cantamos e bailamos todos/as xuntos/as, pasámolo moi ben e por riba agasalláronnos con caramelos para todos/as, incluso para as mestras.

Coma sempre, podedes pinchar nestas fotos ou visitar a nosa galería de imaxes para que vexades que ben o pasamos.

                

Distribuir contido


by Dr. Radut