Skip to Content

Photocall do Día de Rosalía

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía cunha serie de actividades organizadas pola profesora do departamento de Lingua Galega e coordinadora do EDNL do noso centro Natividad Diéguez, e coa colaboración da profesora do departamento de língua castelá Susana Sánchez; entre estas actividades, que ademáis foron gravadas e emitidas pola TVG no espazo Galicia Noticias, estaba un photocall no corredor principal do colexio e un ManequinChallenge que fixeron os/as rapaces/as de primeiro da ESO.

Premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para botar unha ollada aos mellores momentos do photocall.

       

MAIS COUSAS DO ENTROIDO DO NOSO COLEXIO

Foron moitas as actividades que fixemos en torno ao Entroido no noso colexio ademáis do desfile; unha delas foi a grabación dun pequeno vídeo de presentación desta celebración no noso centro da nosa mestra Auxiliar de Conversa en lingua inglesa da Sección Bilingüe de terceiro de primaria, Celina Valencia; coa colaboración dos/as nosos/as rapaces/as e na língua que están aprendendo fixeron unha presentación para amosarlle aos/as seus compañeiros/as americanos/as como se celebra esta festa nun centro escolar galego.

Premede nesta imaxe para botarlle unha ollada ao vídeo que vai camiño de América.

                                        

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017

A Consellaría de Cultura, Educación e OU ven de convocar  as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos; das 682 prazas convocadas, 590 prazas son para o alumnado de 1º, 2º, 3º, e 4º da ESO, en réxime residencial na Comunidade Autónoma de Galicia, en estadías de dúas semanas e con profesorado nativo. 

O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de febreiro até o 27 de marzo (incluído). Nos seguintes enlaces da Consellaría podedes atopar toda a información necesaria:

*Educación convoca 682 prazas para que o alumnado mellore as súas competencias en lingua inglesa

*Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva 

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO 2017-2018

O prazo de solicitudes de Admisión de alumnado para o curso 2017-2018 abrangue dende o 1 até o 20 de marzo (*de acordo co establecido na Disposición Adicional primeira da Orde do 12  de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado).

Podedes pasar polas oficinas do colexio en horario de 8,45 a 13,45hs de luns a venres para recoller e entregar os documentos necesarios ou descargalos dende este enlace: FORMULARIO ADMISIÓN DO ALUMNADO. ANEXO II

Tamén informamos que o vindeiro 7 de marzo ás 18,15hs faremos unha Reunión Informativa e visita polas instalacións do noso centro acompañados/as por profesorado e polo equipo directivo.

Entroido 2017

E xa vai alá a nosa festa de Entroido 2017, alá van as horas e días de recortar e pegar, de pintar e facer probas, de ensaiar os bailes, e por fin chegou o día de amosar o traballo rematado. Por sorte o día do desfile amanceu frío pero solleiro e tivemos a oportunidade de celebralo no patio do colexio.

Despois do desfile que fixemos no patio escolar degustamos as deliciosas filloas e orellas que aportaron as familias do alumnado coa inestimable colaboración e axuda da ANPA O Baño. Moitas grazas a todos/as por vires compartir con nós esta mañá de festa e pasádeo moi ben nestas pequenas vacacións de Entroido.

Coma sempre podedes botar un ollo ás fotos que sacamos visitando a nosa galería de imaxes ou premendo nalgunha destas.  

          

          

 

Celebrando a Rosalía na TVG

Un equipo de informativos da TVG visitou esta mañá o noso centro para grabar unha das actividades que estamos a desenvolver con motivo do Día de Rosalía. Tiñamos preparado un photocall no corredor principal e volvemos por en marcha o MannequinChallenge que fixeron os rapaces de primeiro da ESO coa colaboración das profesoras de língua galega Natividad Diéguez e de língua castelá e coordinadora do Club de lectura Susana Sánchez
Aquí vos deixamos o enlace á reportaxe no minuto 49,34.

ENTROIDO 2017.

O alumnado do CPI convídavos a asistir ao seu desfile de entroido que terá lugar partir das 11:00 hs da mañá no patio exterior do colexio.

Este ano o tema dos nosos disfraces está relacionado cos diferentes personaxes de contos e comics do mundo dando continuidade así ao traballo do tema transversal das Migracións Humanas "A Miña Aldea é o Mundo" que estamos a desenvolver nas aulas. Esperemos que vos guste.

                                       

 

Bailando con "Pesdelán" e visitando a Cidade da Cultura

Hoxe, mércores 22 de febreiro, os cativos e cativas de 3° e 4° de Educación Primaria asistimos ao concerto de "Pesdelán" no que cantamos,  bailamos e o pasamos moi ben. Presentaban o seu novo traballo Entroidanzas no que fan un percorrido polos Entroidos de diferentes lugares do mundo. A continuación trasladámonos á Cidade da Cultura e fixemos unha visita guiada pola sua arquitectura.

Se queredes ver que ben o pasamos premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos.

        

Charla- Obradoiro Etiquetado dos Productos de Entroido

Este martes 21 de febreiro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a unhas Charlas-Obradoiro sobre O Etiquetado dos Productos do Entroido que viñeron impartir técnicos da Escola Galega de Consumo. 

Todos/as quedaron moi impresionados/as coa cantidade de desperdicios diarios que ocasionamos e aprenderon moitas cousas sobre a etiquetaxe dos productos que nos venden e as estratexias que nos fan consumir de xeito desmedido.

Premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver o moito que se divertiron e aprenderon.

         

Concurso Cartas de Amor "Can Valentín"

O alumnado de ESO e Primaria do noso centro, coa axuda dos titores e do departamento de Lingua Galega e Lingua Castelá, ven de presentarse ao Concurso e Cartas de Amor "Can Valentín" organizado pola emisora municipal Radio Estrada para conmemorar o Día dos Namorados. Das cincocentas cartas de amor presentadas polo alumnado dos colexios de a Estrada, Moraña, Barro, Catoira e Cuntis dous dos premios viñeron parar ao noso centro da man de Jose Ferrero de 2º da ESO que acadou o premio de prata e de Sara Sabir de 1º da ESO cunha Mención Especial para o seu "Esplendor de lúa".

Moitos parabéns a todos/as os/as que participastes e Noraboa aos/as gañadores/as.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut