» Comer e rañar

 

» Blogs do centro

 

Comer e rañar

Que aprendemos: Xornada de Portas Abertas

Como remate final do noso proxecto, preparamos unha charla resumo do traballado ao longo do curso. Esta charla, incluída no programa da Xornada de Portas Abertas, serviu para difundir ao resto da comunidade educativa as aprendizaxes e actividades realizadas ao longo de todo o curso. Tomando de referencia o noso punto de partida, reflexionamos sobre o que aprendemos e valoramos os aspectos positivos do proxecto e as cousas que se poden mellorar. Ademáis, regresamos á cociña para agasallar aos asistentes a nosa exposición cuns canapés e combinados elaborados coas nosas mans. Para escoller os seus nomes, baseámonos en nomes de lugares emblemáticos de Cuntis. Bo xantar!!

Álbum: Curso 23-24 -> Comer e rañar: xornada de portas abertas.

Día do libro: "A mellor sopa do mundo"

Para comemorar o Día Do Libro, a cociña de 5º encheuse do arrecendo da Mellor Sopa do Mundo. Ao longo do mes de abril preparamos a dramatización deste conto infantil no que se resalta o valor da amizade. O día 23 fomos aos xardíns do Balneario de Cuntis para compartir a nosa sopa co alumnado doutros cursos e todas aquelas persoas que se detiveron a escoitarnos.

Álbum: Curso 23-24 -> comer e rañar: día do libro

Cociñando conciencias: Fabricamos un forno solar.

Tras estudar en CCNN os tipos de enerxías e analizar cada unha delas, decidimos aplicar os nosos coñecementos de cara a unha cociña sostible. Para iso utilizamos unha enerxía renovable para cociñar os nosos "Cans quentes". En primeiro lugar tivemos que construír o noso forno con caixas de pizza, pintura negra, papel de alumnio e film transparente. Despois tivemos que esperar un día de moita calor para poder colocalo á solleira. Metemos as nosas salchichas dentro do forno e deixámolas cociñando toda a mañán. A última hora os nosos "Canciños" xa estaban listos.

 

Álbum: Curso 23-24 -> Comer e rañar: forno solar

Plantamos o que comemos

Este terceiro trimestre, imos traballar a cociña sustemtable e que mellor maneira, que apostar polos productos de proximidade. Analizamos as diferentes opcións a hora de conseguir os nosos ingredientes e decidimos crear un pequeno orto escolar. Para as macetas, utilizamoso unhas vellas prestadas polo alumnado de 6º, e reutilizamos botellas de auga decoradas na clase de Educación Plástica. 

Por outra banda estudamos os diferentes tipos de reprodución das plantas e decidimos cultivar para a reproducion sexual a traves de sementes, tomates, cenoiras, herbas aromáticas,... e para a asexual, amorodos. Tamen establecemos uns turnos para a rega e coidado da nosa plantación.

 

Álbum: Curso 23-24 -> Comer e rañar: plantamos

Cociña e tradición: rosca de Pascua da avoa Mª Jesús

Un postre típico das datas que se achegan son a roscas e trenzas de Pascua. Ángel e Rodrigo contáronnos que a súa avoa era unha experta cociñeira nestes, doces así que decidimos invitala para que nos ensinara a facela. Na súa forma de elaborala mestura tradición e modernidade, xa que para aforrar o esforzo de amasar utilizou un robot de cociña. Esto serviunos para introducir o tema "Con que cociñamos: máquinas e enerxía na cociña" que traballaremos ao longo do 3º trimestre. Tras a fase de enfornado comprobamos que os noso compañeiros tiñan razón: A trenza estaba riquísima!

Álbum: Curso 23-24 -> Comer e rañar: roscas de Pascua

Día de Rosalía: Cociñamos Caldo de Gloria

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, o alumnado de 5º, tras ler o poema "A miña casiña, o meu lar", rodeouse de potas para cociñar un nutritivo Caldo de Gloria. O primeiro paso foi ir ao praza a mercar os ingredientes que aparecían no poema. Una vez que os tivemos puxémonos a cociñar. Para iso contamos coa axuda de Rubén Navias, pai da nosa compañeira Blanca e xefe de sala do Restaurante Don Manuel de Cuntis. Seguindo a receita do poema, puxemos un pote ao lume e nela botamos sal, coles e unto. Para facelo un pouco máis rico, engadimoslle tamén uns osos. Non podían faltar os Boliños do Pote, así que mesturamos auga con fariña, e tras darlle forma, botámolos dentro da ola. Cando o caldo estivo listo, chegaron os comensais, coas súas cuncas decoradas para a ocasión. Dende educación infantil ata educación secundaria, foron pasando para degustar esta deliciosa receita que "era cousa de envidiar".

Álbum: Curso 23-24 -> Comer e rañar: Caldo de Gloria

Chega o entroido: Un restaurante singular.

Chega o entroido e con el os disfraces. Aproveitamos esta conmemoración para montar un pequeno restaurante onde non falta de nada. Tras desfilar polas rúas de Cuntis coa nosa comparsa, rematamos a festa agasallando aos asistentes cunha danza sobre o traballo no noso restaurante.

Álbum: Curso 23-24 -> comer e rañar: Entroido

Cociñando conciencias: Receitas de Paz

O alumnado de 5º pacede unha estrana intolerancia: a violencia provócalle malestar. Así que nesta ocasión enchemos os nosos platos de ingredientes 100% pacíficos: empatía, solidaridade, respecto..., para ofrecer un menú saudable para as nosas conciencias.

 

Álbum: Curso 23-24 -> comer e rañar: receitas paz

Por que cociñamos: a importancia dos sentidos.

Durante este tema estudamos a importancia dos sentidos na alimentación. Averiguamos que non só é importante o sentido do gusto, senon que o olfacto, a vista ou incluso o tacto (texturas das comidas) ou o oído influen en que certos alimentos parezan ou non apetitosos. Analizando diferentes anuncios, decatámonos de como a publicidade utiliza estas sensacións para vendernos os seus produtos. 

Para estudar os órganos dos diferentes sentidos, aplicamos os coñecementos sobre circuitos eléctricos traballados en CCNN para elaborar un xogo de asociación. Gracias aos planos e cálculos realizados na sesión de matemáticas averiguamos a cantidade de cable que precisabamos cada grupo.

 

Álbum: Curso 23-24 -> comer e rañar: circuito gusto