Skip to Content

Actividades conxuntas

Campo a través: A Estrada

O venres 15 de novembro o alumnado desde 2º de Educación Primaria ata 3ª da ESO participou na xornada de Campo a través, enmarcada dentro do programa XOGADE. Outros centros participantes foron CEIP Pérez Viondi, CEIPP Figueroa, CEIPP de Oca, CEIP Cabada Vázquez, CEIP Villar Paramá, CPPI Santa Lucía, IES Avelina Valladares, IES Losada Diéguez e Colexio de Lourdes.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do encontro:

 
 
Álbum: Curso 24-25 -> Campo_a_través

Día Mundial da Diabetes

O 14 de novembro conmemorouse no CPI o día Mundial da Diabetes.

En primeiro lugar, o alumnado recibiu charlas de "expertos". Estes "expertos" explicaron  como é o día a día desta doenza.

Rematamos a conmemoración cunha andaina de visibilización, aberta a toda a comunidade educativa, pola casco urbán de Cuntis. Agradecer a colaboración e participación das familias neste día.

 
Álbum: Curso 24-25 -> Día mundial da diabetes

Magosto e Samaín no CPI

O mércores 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín de xeito conxunto. Ao longo de toda a mañá unha morea de actividades relacionadas con estas festas como foron:

  • Práctica de xogos tradicionais coa colaboración do alumnado de 4º da ESO e de 6º de Educación primaria que fixeron labores de monitorado dos seus compañeiros de primaria e infantil respectivamente.
  • O xogo de pistas: "Fuxindo do Marcos Chedas", que organizou ao alumnado do club de lectura da ESO. Neste xogo participou o alumnado da ESO e de Primaria.
  • Obradoiros de chaveiros, atrapasoños e de xogos terroríficos onde participou o alumnado de Primaria.
  • Obra de teatro de Kids and Us para a Educación Infantil.
  • E por suposto... degustación de castañas.

A vindeira semana terá lugar a exhibición e proxección das curtas de "Terror na escola"  feitas polo alumnado de Educación Primaria e ESO.

 
Álbum: Curso 24-25 -> Magosto_Samaín_2024

Fin de curso: Non quero ser

O último día do cole e para rematar o noso PDI: Quero ser..., dedicámonos a queimar nunha fogueira todo aquelo que non queremos ser.

Tamén tivo lugar o tradicional partido entre alumnado de 4º da ESO e profesorado do centro. O partido foi moi disputado e rematou co resultado de 3 a 3.

Aquí vos deixamos imaxes desta xornaada.

Álbum: Curso 23-24 -> Non quero ser

Andainas de fin de curso

O xoves 20 de xuño a comunidade educativa do centro , xa que nestas andainas podían participar as familias que quixeran, saímos a facer diferentes andainas adaptadas ás características do alumnado. Visitamos a fervenza das Campaíñas e a fábrica da luz entre outros paraxes da Vila de Cuntis.

Estas andainas remataron en Castrolandín onde merendamos todos/as xuntos/as

 

Álbum: Curso 23-24 -> Andainas

7 XUÑO: XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias, 
Aí vén o día en que compartimos convosco todo o que traballamos este ano.
Aquí vos deixamos o programa definitivo da xornada!
Vinde todas!
Gozade con todo o que temos para contar e mostrar!

Encontro XOGADE de Datchball 6º de EP e 1º ESO

O día 30 de Maio tivo lugar no Pavillón do Coto do Ferreiro da Estrada o último encontro deste curso organizado pola Asociación de Deporte Escolar de A Estrada. Esta xornada deportiva, que reuniu a máis 400 rapaces e rapazas de 6º de EP e 1º da ESO, xirou arredor do deporte alternativo do Datchball.

Asistiu a esta xornada alumnado do CPI Aurelio Marcelino de Cuntis, CPI Santa Lucía de Moraña  e os centros estradenses CEIP Pérez Viondi, CEIP Figueroa, IES nº 1, IES Manuel García Barros, CEIPP de Oca, CEIP Cabada Vázquez e Colexio de Lourdes.

Esta actividade englóbase dentro do programa XOGADE de deporte escolar.

Álbum: Curso 23-24 -> Encontro XOGADE Datchball 6ºEP-1ºESO

17M. II Serán das Letras

O 21 de Maio celebramos no centro o II Serán das Letras. A partir das 18:00 celebramos esta festa onde tocamos, bailamos, xogamos e papamos toda a comunidade educativa.

Agradecemos a desinteresada colaboración do:

  • Grupo Folclórico "Hai que Roelo" de Cuntis que amenizou a xornada coas súas pezas musicais
  • Cándido Mascato que cedeu un dos  seus packs de xogos tradicionais para que os/as pequenas/os e os non tan pequenos/as puideran desfrutar dun serán de xogos.
  • Ás familias que aportaron víveres e galdrumadas para fartar.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada en vídeo e en imaxes

Álbum: Curso 23-24 -> Serán das letras

Excursión aos museos científicos de A Coruña (EI e 1º ciclo de EP)

O martes 30 de abril, o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria visitou a cidade de A Coruña para disfrutar do Acuario, do Planetario e da Casa das ciencias. Aínda que chegaron moi cansadiños aprenderon moito e pasárono moi ben. Abaixo vos deixamos unhas imaxes da excursión.

Álbum: Curso 23-24 -> Saída Museos Científicos EI e 1º ciclo EP

23 ABRIL. Lecturas na Rúa

Outro ano máis, o 23 de abril, Día Internacional do Libro, fixemos por compartir lecturas co resto da escola e coa veciñanza que quixese escoitar.

Cada titoría escolleu os textos que quería ler, houbo quen remexeu na biblio á procura daquel conto que tanto lle gustara cando aínda era bebé, ensaiou para non trabar nas sílabas e veña!, de paseo pola Vila do Baño para lermos ao aire libre. O día solleiro axudou a que a actividade fose pracenteira, aínda que o nordés ás veces turraba para pasar páxina e acabarmos antes.

Repartímonos en grupos que mesturaban etapas (EI, EP, e ESO) e concentrámonos na Praza das Árbores, no palco da música, no paseo do río, no 3x3, no Convento… Compartimos adiviñas, dramatizacións de contos, poemas rimados, poemas cantados, e mesmo cocoricos e vacas victorias.

Porque non hai mellor libro que aquel que compartimos.

 

Álbum: Curso 23-24 -> Lecturas na Rúa
Distribuir contido


by Dr. Radut