Skip to Content

Actividades conxuntas

"A NOSA TERRA IX": FOTOGRAFÍA DO MES DE MARZO

Hai un século o calzado máis adecuado eran os zocos: madeira nas solas para illar da humidade, coiro que protexa do frío.

Como nos calzamos agora? Usades zocos? Botas? Tenis? Tedes un par? Milleiros?

Ruth Matilda Anderson: neno en Lalín a soster zocos.

Animámosvos ao resto do centro a participar na proposta de MARZO

Enviade a vosa fotografía a abibliodarosi@gmail.com

Podedes ver na galería as fotografías que recibimos inspiradas na tarefa de facer sobremesas de Entroido. Vese ben que nun século o rural mudou pero que continuamos a gozar das filloas.

 

Álbum: Curso 22-23 -> FOTOGRAFÍA DO MES DE FEBREIRO

" A nosa Terra VIII": Concurso Cuntis Nomeado (15 de marzo)

Estimadas familias,

Vai a primeira ronda de revisión do Certame CUNTIS NOMEADO.

Por agora só a parroquia de Santa María dos Baños de Cuntis fixo achegas: 7 lugares novos que antes non estaban rexistrados!!

O resto de parroquias temos que espabilar!

En quince días, nova revisión!

"CUNTIS NOMEADO": A NOSA TERRA VII

Dentro do noso Proxecto Anual de Centro presentámosvos o GRANDE CONCURSO ENTRE PARROQUIAS, CUNTIS NOMEADO. 
Que parroquia de Cuntis coñece mellor os nomes dos seus lugares?
Cal ten unha veciñanza máis activa e organizada? 
Que parroquia garda memoria de máis historias?
Cal ten un entorno máis rico e variado?


Na presentación tendes unha explicación sobre o que tedes que facer para gañar. 



O Concurso comeza o venres 3 de marzo e darémolo por finalizado o 10 de xuño. 

Participade!!

"A NOSA TERRA VI": ENTROIDO "RURAL"

O venres 17 de febreiro celebramos o entroido no CPI. A temática dos disfraces están relacionados co tema transversal deste: "A nosa terra: o abandono do rural".

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da xornada.

Álbum: Curso 22-23 -> ENTROIDO

"A NOSA TERRA V": FOTOGRAFÍA DO MES DE FEBREIRO

  Hai un século xa se preparaba o almoado para as filloas, como as nenas da fotografía.

Agora que chega o entroido: axudades vós a cociñar. Que sobremesa de Entroido facedes na casa?

Fotografía de Ruth Matilda Anderson: "A taberna do Ézaro"

Animámosvos ao resto do centro a participar na proposta de FEBREIRO

 Enviade as vosas fotografías ao correo da biblioteca: abibliodarosi@gmail.com

Podedes ver na galería as fotografías que recibimos do mes de novembro inspiradas no Xogo da chave. Vese ben que nun século  o rural mudou, e tanto!

Álbum: Curso 22-23 -> FOTOGRAFÍA DO MES DE DECEMBRO

30X- Día Escolar da non Violencia e da Paz

O venres 27 de xaneiro celebramos o día da paz no centro realizando desafíos cooperativos. Aquí vos deixamos unha mostra do que fixemos ese día:

 

Xornada de Campo a través

O xoves 12 de xaneiro, alumnado do CPI desde 2º de EP ata 3º da ESO participaron na xornada de campo a través dentro do programa XOGADE, onde competiron colexios dos concellos de Cuntis, A Estrada, Moraña e Valga.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra desta xornada.

 

Álbum: Curso 22-23 -> CAMPO A TRAVÉS

A NOSA TERRA IV. Festival de inverno

Desde o cole desexámosvos unhas felices festas e un felioz aninovo.

Aquí deixamos as actuacións do alumnado:

4º de Educación Infantil    

3º de Educación Primaria

 1º de Educación Primaria

5º de Educación Infantil

4ºA de Educación Primaria 2º de Educación Primaria

6ºA de Educación Infantil 

4ºB de Educación Primaria 6º de Educación Primaria

6ºB de Educación Infantil

5º de Educación Primaria  

Este ano, como novidade, o alumnado de 3º da ESO, as profes Alba e Silvia e Nino, o noso auxiliar de conversa, puxeron a bailar a todo o cole. Debaixo tedes unha pequena mostra.

Zumba navideña

 

"A NOSA TERRA III": FOTOGRAFÍA DO MES DE DECEMBRO

O XOGO DA CHAVE: veñen aí as vacacións e teremos máis tempo para xogar. Hai un século as crianzas miraban como xogaban os grandes expertos á chave. Como xogades hoxe?

 Podedes enviar as fotografías ao correo da biblioteca: abibliodarosi@gmail.com

 

A FOTOGRAFÍA DO MES: NOVEMBRO

Podedes ver na galería as fotografías que recibimos inspiradas no Neno con coroza. Vese ben que nun século  o rural mudou, e tanto!

 Animámosvos ao resto do centro a participar na proposta de decembro.

Álbum: Curso 22-23 -> FOTOGRAFÍA MES DE NOVEMBRO

25N: Revirando o refraneiro.

Para conmemorar o 25N, o alumnado do cole doulle á volta ao refraneiro, xa que convertiron refráns que denigraban ás mulleres en refráns con mensaxes positivas.

Con estes refráns fixemos un caligrama no corredor central do centro que con outras creacións axudaron a decorar o cole nesta data.

O alumnado de 2º de Primaria explicou en que consistía está decoración aos/ás usuarios/as do centro de día que viñeron de visita ao CPI.

Estes refráns foron colocados polas distintas parroquias de Cuntis polos "Equipos Parroquianos" do cole.

Álbum: Curso 22-23 -> 25N: REVIRANDO O REFRANEIRO
Distribuir contido


by Dr. Radut