Skip to Content

Actividades conxuntas

UN MAR DE DESEXOS. (Maghalaes-Elcano VI)

O venres 28 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz con diferentes actividades:

  • Un ciclo de cinema
  • Entre todos/as decoramos o corredor cos desexos que lanzamos ao mar
  • Saímos á rúa para colgar os nosos desexos polas rúas de Cuntis.

Abaixo podedes ollar un resumo das actividades realizadas.

"UN MUNDO PASO A PASO: O FESTIVAL".(Magalhaes-Elcano V)

Aquí vos deixamos "un mundo paso a paso: O festival". Clicade para ver as diferentes propostas.


Árbores pola sustentabilidade (Magalhaes-Elcano III)

Seguindo co noso proxecto de centro "A volta ao mundo de Magallanes e Elcano por un mundo sustentable" o noso alumnado realizou unha repoboación simbólica polos corredores do colexio, utilizando materiais de refugallo. Clicando nas imaxes tedes unha mostra das árbores do outono.

 

25N. DE MULLER EN MULLER. (Magalhaes-Elcano II)

Para conmemorar o 25N no cole realizamos diferentes actividades:

  • Creamos un xogo chamado: "De muller en muller", no que tratamos de coñecer a mulleres que deron voltas ao mundo e os atrancos que tiveron para facelo na época na que viviron.

  •  Decoramos as cancelas do centro con chaves, para pechar as portas á violencia e abrilas á liberdade.

  • No corredor de infantil visibilizamos os atrancos que teñen as mulleres para desenvolverse no mundo actual.

  •  Despedimos o día sumando quilómetros para a nosa volta ao mundo virtual realizando a nosa particular "Andaina Violeta" polo casco urbán de Cuntis.

 
Se queredes ver máis fotos das diferentes actividades clicade nas imaxes.

25N. DE MULLER EN MULLER INTERACTIVO. (Magalhaes-Elcano I)

Aquí vos deixamos a versión interactiva do xogo "De muller en muller".

Campo a través 2021

O día 11 de Novembro o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º , 2º e 3º da ESO participou no campo a través celebrado na Estrada. Esta actividade enmárcanse dentro do programa XOGADE de deporte escolar.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade. Se queredes acceder á galería picade nalgunha delas.

 

 

Magosto 2021

O día 2 novembro celebramos o magosto.

Ao longo da mañá desenvolvéronse diferentes actividades como:

  • Obradoiros en Educación Primaria e ESO de temáticas diversas (contos de medo, tradicións inglesa e francesa, manualidades...)
  • Obra de teatro para Infantil chamada "Phantom Manor" e interpretada por Kids&Us
  • Práctica de Xogos tradicionais
  • Andainas para realizar os primeiros quilómetros da nosa particular volta ao mundo: "Un mundo paso a paso"

Aquí vós deixamos unha pequena mostra das actividades realizadas (clicando nas imaxes accederedes ao album desta actividade).

 

 

 

SAMAÍN 2021

O día 29 de Outubro celebramos o Samaín no centro.

Aquí tedes un vídeo da exposición de cabazas e dos disfraces do alumnado.

ANDAINAS DE FIN DE CURSO

 Como ven sendo tradición todos os anos ao finalizar o curso, o alumnado de profesorado do centro realiza diferentes andainas pola contorna do concello de Cuntis.

O alumnado de Educación Infantil foi ata Castrolandín:

 

O alumnado de 3º e 4º fixeron unha ruta que o levou a visitar As Campaíñas, A fábrica da Luz e a fervenza do Hérvedo.

 

5º e 6º de Educación Primaria realizaou un roteiro pola beira do Río Gallo pasando polos pasos de Meira, A Ponte do Nieto ata chegar ao Pozo do Pego que é o lugar onde o Gallo desemboca no Umia.

As andainas da ESO e de 1º e 2º de Educación Primaria non se puideron realizar debido ao mal tempo. Se queredes ver máis fotos das andainas picade aquí.

OBRADOIROS EMOCIONAIS PARA INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA

No mes de xuño, o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria asistiu a uns obradoiros de educación emocional. Estes obradoiros están enmarcados no CONTRATO- PROGRAMA na liña EMOCIONA-T.
Neste proxecto abarcamos dúas liñas de actuación:Unha onde se pretende entender que as emocións nos serven para obter unha finalidade, e coñecer cal é en cada caso e outra onde vivenciamos esas emocións e aprendemos o xeito san de procesalas.
Foi un traballo moi produtivo pois permitiu observar patróns mais tamén adquirir aprendizaxe, por parte das crianzas, sobre como abordar certas experiencias e tamén como acompañarse entre elas neste tipo de situacións, favorecendo a empatía e o respecto do grupo e os seus individuos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut