25N. DE MULLER EN MULLER. (Magalhaes-Elcano II)
Para conmemorar o 25N no cole realizamos diferentes actividades:
- Creamos un xogo chamado: "De muller en muller", no que tratamos de coñecer a mulleres que deron voltas ao mundo e os atrancos que tiveron para facelo na época na que viviron.
- Decoramos as cancelas do centro con chaves, para pechar as portas á violencia e abrilas á liberdade.
- No corredor de infantil visibilizamos os atrancos que teñen as mulleres para desenvolverse no mundo actual.
- Despedimos o día sumando quilómetros para a nosa volta ao mundo virtual realizando a nosa particular "Andaina Violeta" polo casco urbán de Cuntis.