Skip to Content

Actividades conxuntas

ALIMÉNTATE BEN. PONLLE PILAS AO TEU BOCATA.

O mércores 20 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación Primaria participaron nun obradoiro chamado: "Ponlle pilas ao teu bocata", enmarcado dentro do Plan Proxecta: "Aliméntate ben", co obxectivo de coñecer todo o relacionado co mundo das conservas, con degustación incluída.

Abaixo podedes ver unha pequena mostra do mesmo.

8 MARZO. OBRAS DE TEATRO.

Para a conmemoración do Día da Muller, o alumnado de Educación Infantil e Primaria asistiu á obra de teatro: Iriña Bailarina, o 15 de marzo, no Salón de Actos do colexio. Ademais, o alumnado de Educación Secundaria asistiu á obra Matrioskas, o 11 de marzo, no Auditorio Patelas. Ambas representacións foron patrocinadas polo Concello de Cuntis

RUBGI NA ESCOLA

O martes 12 e mércores 13, o alumnado de 6º, 5º e 1º da ESO participou na actividade "Rugbi na escola" impartida por un técnico da Federación Galega de Rugbi.

8M: MULLER E DEPORTE

O día 7 de Marzo, e polo gallo da celebración do Día Internacional da muller, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e o alumnado de ESO asistiron a unha charla dunha deportista olímpica, ca que tivemos a sorte de contar entre o cadro docente, chamada Vanesa Ríal.

 

Vanesa contounos toda a súa experiencia vital e a súa relación co deporte en xeral e co rugbi en particular.

Abaixo vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

Moitas grazas, Vanesa!

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O venres 1 de marzo celebramos o entroido no CPI.

En primeiro lugar, desfilamos polas rúas de Cuntis e máis tarde, na praza das árbores, cantamos unhas regueifas, alumnado e profesorado, e un cantar de cegas, onde tratamos diversos temas. Abaixo podedes ver unha mostra desta actividade e fai CLICK AQUÍ para acceder a todas as fotos dispoñibles desta celebración.

Máis tarde no centro, degustamos os doces típicos desta época do ano aportados polas familias.

Logo o alumnado de ESO dirixiuse a realizar o concurso de disfraces e bailes.

1º da ESO A                     2º da ESO A                                   3º da ESO
1º da ESO B 2º da ESO B 4º da ESO

 

 

 O alumnado de Educación Primaria e Educación Infantil tiveron festa no patio.

 

 

ENTROIDO NO CPI

Este venres día 1 de Marzo, sempre que o tempo o permita, imos celebrar o Entroido no corazón de Cuntis.

Está previsto desfilar polas rúas da vila e despois facer unha demostración de regueifas na praza das árbores, xa que este ano traballamos como tema transversal de centro: "A tradición oral: De boca a orella". Os disfraces tamén terán relación co tema transversal.

Unha vez rematada as regueifas nos dirixiremos ao cole a degustar doces típicos destas datas e remataremos a xornada cunha festa no patio e cun concurso de bailes e disfraces, no que participará o alumnado de ESO.

Nesta xornada contamos coa colaboración do concello de Cuntis e da A.N.P.A "O Baño".

Podedes consultar os horarios premendo na imaxe.

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Esta semana celebramos no cole o día da paz que quedou adiado por diferentes motivos a semana pasada.

Como actividade transversal decidimos recompilar fotografías do alumnado acompañados por unha persoa especial e polo alcume ou nome cariñoso co que lle chama. O resultado final da montaxe podedes vela abaixo.

O mércores 6 de febreiro fixemos un pequeno acto que consistiu en atar mensaxes positivas no valado do centro ao son de "Eu teño alguén no meu corazón" de María Fumaça . Abaixo podedes observar unha pequena mostra do mesmo.

VISITA A CLESA

O pasado venres 18 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria visitaron as instalacións da fábrica Clesa en Caldas de Reis.

A visita está enmarcada dentro do plan proxecta "Aliméntate Ben", no que participa este alumnado.

Abaixo deixámosvos unha pequena mostra da visita.

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O pasado venres 18 de Xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º e 2º da ESO, participaron nun obradoiro de regueifas impartido por "Pinto d'Herbón" e Luís "O Caruncho".

Este obradoiro enmárcase dentro do proxecto "De boca a orella" que estamos a realizar no CPI e que se estrutura arredor da tradición oral en todas as súas vertentes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut