Skip to Content

Actividades conxuntas

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O Martes 17 de Decembro conmemorouse o Día Internacional da discapacidade no CPI, cunha charla de Susi Fandiño, da asociación Avanzar, que lle contou ao alumnado da ESO as súas vivencias a súa infancia até o de agora.

O alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria participou durante este mes de decembro, como vén sendo tradicional, no concurso de debuxos e de redaccións promovidos pola xente de Avanzar. Os premios destes concursos entregáronse no festival de inverno para o alumnado, que se  celebrou o xoves 19 de decembro.   

 

FESTIVAL DE INVERNO

Como ven sendo tradición no CPI por estas datas, imos celebrar o festival o día 20 de decembro.

Este curso traballamos como tema transversal os dereitos humanos e poderemos ver diferentes propostas que terán relación co tema elixido.

Picando na imaxe poderedes consultar o programa do festival.

10 D. "SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS": DÍA DOS DEREITOS HUMANOS.

Ao longo de todo este curso no CPI estamos traballando como proxecto de centro: "Somos diferentes, somos iguais" coa temática dos dereitos humanos.

Este martes 10 de Decembro conmemoramos o día dos dereitos humanos con ambientación sonora e coa presentación dos "Quebracabezas dos Dereitos". Ao longo dos días anteriores o alumnado das difenrentes etapas do centro elaborou murais temáticos relacionados cos dereitos que se convertiron en quebracabezas cúbicos que se poden manipular no corredor central.

Aquí tedes unha pequena mostra do alumnado de Infantil e Primaria "rompendo a cabeza" con este material.

 

25 N

No CPI Aurelio Marcelino Rey García non permanecemos indiferentes perante a violencia de xénero.

Para deixar claro o noso rexeitamento á violencia contra as mulleres construímos un enorme muro colectivo partindo das nosas reflexións. Cada alumno e alumna decorou unha caixa de zapatos con ilustracións e frases sobre o tema.

O 25 de novembro xuntámonos no pavillón para compartilas e escoitar o manifesto lido por Juan e Uxía.

 

O alumnado de 5º e 6º de EP elaborou un vídeo no que se expresa o rexeitamento contra esta lacra social  que podedes ollar a continuación

MAGOSTO NO CPI.

O mércores 30 de Outubro tivoi lugar a celebración do magosto no CPI onde se disfrutou dunha xornada festiva.

A 1º parte da mañá o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria participaron en diferentes circuitos de xogos tradicionais coordinados por alumnado de 6º de Educación Primaria e 4º da ESO respectivamente. O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO participaron en obradoiros de maquillaxe, inicciación aos amalabares e nunha xincana que tivo lugar no CPI.

Na 2º parte da mañá o alumnado de Educación Infantil e 1º de EP disfrutaron duna representación teatral feita por Fran Rei. O alumnado de 2º, 3º,4º,5º e 6º de EP participaron en diversos obradoiros de canapé teorroríficos, pintado de camisetas, cerámica castrexa, iniciación á robótica, hama beads... Nesta 2º parte da mañá o alumnado de ESO participaron no circuito de xogos tradicionais.

Xa chegan ao final da mañá todo o alumnado do centro degustou as castañas (cedidas polas familias), que foron asadas con leña cedida pola AMPA.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do evento e un enlace ao album dixital do cole 

PLAN PROXECTA. ALIMÉNTATE BEN.

O alumnado do CPI participou durante o curso 2019-2020 no Plan Proxecta: "Aliméntate ben"

Aquí podedes ver un resumo en forma de vídeo da participación neste plan proxecta.

SAÍDA AULAS LIMPAS

O xoves 20 de Xuño, o alumnado de 1ºA de EP e de 2º da ESO A participaron nunha saída ao aquapark de Cerdeda. Estes gruos resultaron gañadores do concurso de "Aulas Limpas" organizado polo Equipo de Convivencia.

Abaixo podedes ver unha pequena mostra da actividade.

 

 

EXCURSIÓNS DE FIN DE CURSO EI e EP

Co remate do curso os diferentes grupos de alumnado do CPI, participaron nas tradicionais excursións de Fin de Curso.

 

O día 28 de Maio tocoulle ao alumnado de EI que visitaron a fervenza do Toxa e visitaron a granxa- escola Fervenzaventura en Silleda.

 

O día 4 de Xuño tocoulle a quenda ao alumnado de 1º e 2º de EP, que fixeron unha excursión ao Grove con visita ao acuario e paseo en barco incluído.

 

 

O día 11 de Xuño os grupos de 3º e 4º de EP visitaron o parque zoolóxico Marcelle Natureza en Outeiro de Rei.

 

 

 

 

Os días 3 e 4 de Xuño o alumnado de 5º e 6º de EP participaron en diversas actividades no Camping Fieitás do Grove.

 

 

14 DE XUÑO. O MUSEO SAE DO ARMARIO.

ESTE VENRES O MUSEO SAE DO ARMARIO!!!

PICADE ABAIXO PARA VER OU ESCOITAR O QUE VOS ESPERA.

Cuña de Radio

Video

Cartaz

                                         

 

 

BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS

O venres 26 de Abril o alumnado de 6º de EP e de 1º e de 2º da ESO asistiron ao primeiro partido da fase final da Liga Europea 3 de baloncesto en cadeira de rodas, que tivo lugar en Vigo.

O AMFIV, clube organizador do evento, invitou ao centro á asistencia a este partido a través da asociación AVANZAR. Esta saída tamén contou coa colaboración do concello de Cuntis.

Abaixo vos deixamos unha pequena mostra da actividade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut