Skip to Content

Actividades conxuntas

MAGOSTO 2018

O mércores 31 de Outubro celebramos unha das festas máis senlleiras do CPI: O Magosto.

Ao longo deste día de festa houbo de todo: obradoiros con diferentes propostas (danza, maquillaxe, froitas terroríficas, karaoke, malabares...), circuíto de xogos tradicionais, representacións teatrais e por suposto... Castañas.

Foi un auténtico día de festa que non houdera podido ser sen a colaboración de toda a comunidade educativa.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos e clicando na imaxe podedes ver máis actividades das que fixemos.

 

MAGOSTO 2018

O mércores 31 de outubro celebraremos o MAGOSTO

Contaremos actividades para tódalas etapas educativas.

Educación Infantil: Xogos Tradicionais e Teatro.

Educación Primaria: Xogos Tradicionais e Obradoiros.

Educación Secundaria: Obradoiros e Xogos Tradicionais.

E ao final da mañá degustaremos as castañas todos xuntos.

Resultado de imaxes para magosto imagenes

 

CLUB DE LECTURA AS CAMPAINHAS

Xa temos incluídas no  blogue do Club de Lectura " As Campainhas" tódalas actividades que se fixeron este curso, con fotos, enlaces e vídeos.  Botádelle un ollo e comprobade que ben o pasaron mentres se achegaban á lectura.

http://ascampainhas.blogspot.com/

O DÍA DA EDUCACIÓN FISICA NA RÚA. 2018

O día 25 de abril organizamos unha xornada para celebrar o día da Educación Física na rúa. O alumnado de primaria e secundaria realizou unha proba de orientación deportiva polas rúas do casco histórico de Cuntis.

A media mañá, profesorado, alumnado e as persoas uqe asisten á actividade de aerobic do concello de Cuntis, realizamos unha sesión desta actividade de xeito conxunto na praza do concello.

Temos que agradecer a Jesús Miguéns e a Iago Breijo a súa participación de xeito desinteresado na organización deste día. Aquí vos deixamos unha pequena mostra das actividades realizadas.

            

 

II FEIRA DE PROXECTOS PITEAS 2018

Este venres 4 de maio terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a II FEIRA DE PROXECTOS PITEAS de Formación e Mentoring para o desenvolvemento do talento, baseado nun convenio de colaboración asinado pola Consellaría de Educación, a Fundación Barrié e a Universidade de Santiago de Compostela na que participa o noso centro dende comezos deste curso 2017-2018.

A asistencia á feira está aberta ao público en xeral polo que dende o noso centro, e dado o traballo que estivemos desenvolvendo nestes últimos meses, comprácenos extender este convite a todas as familias, profesorado e comunidade educativa do noso alumnado para acompañarnos este venres 4 de maio en horario de 16,00 a 20,00 horas.

Aquí vos deixamos o convite que fixo o alumnado do noso centro e un pequeno resumo dos distintos proxectos que presentaremos na feira.

               

CONTACONTOS PARA INFANTIL E 1º CURSO DE PRIMARIA

O pasado mércores 7 de marzo, o alumnado de Infantil do noso centro e da Escola Unitaria de Arcos de Furcos xunto cos/as rapaces/as do primeiro curso de Primaria, asistiu a unha sesión de contacontos grazas á colaboración da concellería de Igualdade e Benestar Social do Concello de Cuntis.

Con motivo do día Internacional da Muller a compañía de teatro Ghazafellos achegoulle ao noso alumnado a obra " O País dos Mandóns" onde Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo coñecendo lugares e realidades diferentes pero buscando sempre A Igualdade de oportunidades para todos e todas.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do ben que o pasaron todos e todas.....

            

ALIMÉNTATE BEN 2018. PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA.

Este venres 16 de febreiro recibimos no colexio unha das visitas máis esperadas dos alumnos/as que participan no Programa Aliméntate Ben cada curso, Os Bocatas que nos poñen as pilas a todos e todas. 

Un ano máis o alumnado participante no Aliméntate Ben que está a traballar nas aulas contidos de alimentación saudable e nutrición puido coñecer moitas cousas acerca das conservas e dos productos que nelas podemos atopar, todo isto coa axuda dunhas mascotas moi mariñeiras que nos amosaron as súas mellores cualidades.

E como remate á xornada tomamos uns bocadillos ben xeitosos, saborosos e saudables, ollade se non as fotos....

    

DESFILE ENTROIDO 2018

O Entroido deste curso 2017-2018 xa chegou e no colexio puxemos todo o noso empeño en facer desfrutar a todo o mundo que nos acompañou neste día de festa. Moitas grazas a todos os/as que viñestes pasar a mañá canda nós e a todos os/as que trouxestes doces, filloas, orellas, etc para por o remate doce á xornada. Tamén moitas grazas á ANPA O Baño por botarnos unha man nesta e noutras máis actividades.

Aquí vos deixamos fotos e vídeos do desfile e actuacións dos nosos/as alumnos/as que con tanto traballo e cariño preparamos.

    

ENTROIDO 2018

Familias, amigos e amigas, veciños e veciñas, un ano máis o alumnado do CPI convídavos a asistir ao seu desfile de entroido que terá lugar partir das 11:00 hs da mañá no patio exterior do colexio; se a choiva nos visita agardamos por todos e todas vós no pavillón de deportes a carón do colexio.

Este ano o tema dos nosos disfraces está relacionado coa concienciación sobre o coidado do noso planeta, dando continuidade así ao traballo do tema transversal " Un planeta feliz: o desenvolvemento sustentable" que estamos a desenvolver nas aulas durante este curso. Esperamos que vos guste.

CAMPO A TRAVÉS EN PORTAS

O martes 23 de xaneiro tivo lugar no Circuíto da Azucareira en Portas o Campionato Provincial de Campo a través para escolares, dentro do programa Xogade. Xunto co noso alumnado de Primaria e Secundaria participaron no evento nenos e nenas de centros de toda a provincia de Pontevedra, que obtiveran a clasificación nas diferentes fases locais. A xornada reuniu a preto de 700 participantes.

Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada que podedes ver premendo nesta imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut