Skip to Content

Actividades conxuntas

CAMPO A TRAVÉS NA ESTRADA

Este mércores 22 de novembro tivo lugar na Praia fluvial de A Estrada o campeonato Xogade-Campo organizado pola Agrupación A Estrada de Deporte Escolar en colaboración co concello da Estrada e a Secretaría Xeral para o Deporte. Xunto co noso alumnado de primaria e secundaria participaron outros oito centros da comarca chegando a xuntarse seiscentos cincuenta campionas e campións.

Aquí vos deixamos unhas fotos da xornada e un enlace ao xornal no que falan da noticia....

****CAMPO A TRAVES NA PRENSA

Mes da Ciencia 2017. Experimentos 3º-4ºA de EP e 1º de ESO

Comezamos esta segunda semana do mes da Ciencia cos tradicionais experimentos impartidos polo alumnado de 3° PMAR e 4° ESO para o de Educación Primaria. Estes días pasaron polo laboratorio 3° e 4°A EP (durante os recreos do martes e do mércores) e 1° ESO (nos dous recreos do xoves), realizando novos experimentos relacionados coas materias de Bioloxía e Xeoloxía, Tecnoloxía e Física e Química.

Este curso, como novidade, o alumnado de 1° ESO colaborou tamén nestas sesións amosando aos/ás seus/súas compañeiros/as os coñecementos sobre Robótica que adquiriron durante o curso pasado. É sen dúbida a actividade formativa para ambas etapas que goza de maior éxito entre o alumnado, “sacrificando” incluso con gusto o seu tempo de ocio no centro, que non lle chegou a nada. 

Coma sempre podedes visitar a nosa galería de fotos ou premendo nestas imaxes...

      

            3º de Primaria                          4ºA de Primaria                          1º de ESO

Mes da Ciencia 2017

Un ano máis chega o mes de novembro e con el chega ao noso centro o MES DA CIENCIA cargado de actividades moi diversas: exposicións, roteiros, experimentos, xogos de pistas, concursos, charlas e un longo etc. 

Aquí vos deixamos o cartel de actividades deste mes cheo de ciencia por se vos queredes apuntar...

 

Magosto 2017

Un ano máis chegou ao noso centro o Magosto, un chisco máis cedo do acostumado pero igual de cheo de actividades, obradoiros, xogos, teatro, diversión e por suposto...castañas. Comezamos a xornada con xogos populares para todo o alumnado de Infantil e Primaria, despois viñeron os obradoiros para Primaria e o teatro para Infantil, e pechamos a mañá coa degustación de castañas asadas que tan xenerosamente nos mandaron as familias do noso alumnado.

Un ano máis queremos dar as grazas a todo o profesorado que participou na organización e posta en marcha dos obradoiros, ao alumnado de sexto de primaria por guiar aos cativos/as de Infantil facendo de padriños e madriñas e ao de cuarto da ESO por axudar cos xogos de toda Primaria, aos Piñeiriños por traernos unha vez máis teatro, música e diversión, e por suposto ás familias de todo o alumnado por achegarnos as castañas que puxeron fin a esta xornada de convivencia tan completa.

Coma sempre premede nestas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ollar algúns dos momentos vividos neste día de festa. 

     

            

     

Club de Lectura 2017-2018

O noso Club de Lectura "As Campaiñas" volve abrir as súas portas e desta vez irá dirixido ao alumnado de 3º de primaria até 4º de secundaria. Como teremos dous grupos de lectores faremos os nosos encontros cada quince días, un de primaria e outro de secundaria, cada martes  de 14,30 a 15,30hs.

Aquí vos deixamos o enlace ao noso blogue para que lle botedes un ollo ao que temos pensado facer e ao que xa comezamos a facer na nosa primeira xuntanza deste martes 17 de outubro.

http://ascampainhas.blogspot.com.es/2017/10/comezamos.html

Xornadas de Convivencia do Equipo de Mediación Escolar. Setembro 2017

Os días 6 e 7 de outubro os equipos de Mediación Escolar de primaria e secundaria tivemos unha xornada de convivencia no albergue de Sabucedo na Estrada.

Rodeados dun entorno natural espectacular estivemos traballando e poñéndonos ao día sobre as técnicas de mediación e resolución de conflitos, tamén aproveitamos para coñecernos mellor e coñecer Sabucedo.

 

Foi unha experiencia estupenda e pasámolo moi ben. Premede nas imaxes para ver unhas fotos das xornadas.

           

Comezamos un novo curso. 2017-2018

O alumnado de Infantil e Primaria foi o primeiro en voltar ás aulas o 11 de setembro, seguíulle o de Secundaria o pasado 15 de setembro e finalmente, despois do Período de Adaptación, foron os/as máis cativos/as de tres anos este luns 25 de setembro os/as últimos/as en incorporarse ás rutinas deste novo curso 2017-2018.

Xa tiveron lugar as respectivas reunións informativas para as familias de todo o alumnado, fixemos as presentacións do persoal docente novo e o reencontro cos de sempre, e tamén rematamos o reparto dos libros do Fondo Solidario de Libros de Texto de Primaria e Secundaria.

  

BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE NOVO CURSO 2017-2018

Saída a Cerceda 2017

O pasado xoves 22 de Xuño o alumnado de 5°B de EP e 4° de ESO, gañadores do concurso "Aula máis limpa" organizado dentro do Plan de convivencia do centro, recibiu o seu premio que consistiu nunha excursión ao aquapark de Cerceda. O alumnado de 1°ESO, gañador do Premio do festival Telearqueoloxía da Deputación de Pontevedra pola súa curtametraxe "Castrolandín" tamén desfrutou desta viaxe como mostra de agradecemento polo bo traballo realizado.

Aquí tedes unhas fotos de todo o grupo e algunha máis da visita.

                                              

AXENDA ESCOLAR DO CPI 2017

Un ano máis o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega encargouse de todo o traballo que xira en torno á nosa axenda de centro e puxo a funcionar tamén a todo o alumnado e profesorado do centro. Cada aula de Infantil, Primaria e Secundaria realizou un debuxo en torno a un lema sobre a lectura que dende o EDNL se lle deu a cada titor/a como punto de partida e inspiración. Despois fixemos unha exposición no corredor principal do colexio con todos os debuxos e composicións resultantes e eliximos os que ían representar cada mes.

Grazas á colaboración de todo o alumnado, familias e profesorado e da subvención anual que nos da o Concello de Cuntis e o proxecto que presentamos á Consellaría de Educación para os programas de dinamización da Língua Galega do Departamento de Normalización Lingüística da Xunta, finalmente elaboraremos a axenda escolar deste curso.

Aquí podedes ver unhas imaxes de todos os traballos realizados e da selección final que aparecerá na nosa axenda escolar deste curso 2017-2018.

                              

Club de Lectura e Club da Ciencia visitan Santiago

O alumnado que participou activamente durante o curso nas actividades organizadas polo "Club de Ciencia" e polo "Club de Lectura" foi convidado a unha excursión a Santiago de Compostela que tivo lugar onte martes 30 de Maio. Pola mañá asistiron a tres visitas guiadas: á Biblioteca América da Biblioteca Xeral, á Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia e ao Museo de Historia Natural; e pola tarde realizaron un xogo de recoñecemento e idenficación de árbores no Campus Sur Universitario.

Premede nas fotos para ver as imaxes de toda a xornada... 

                

Distribuir contido


by Dr. Radut