Skip to Content

Actividades conxuntas

VISITA A CLESA

O pasado venres 18 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria visitaron as instalacións da fábrica Clesa en Caldas de Reis.

A visita está enmarcada dentro do plan proxecta "Aliméntate Ben", no que participa este alumnado.

Abaixo deixámosvos unha pequena mostra da visita.

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

O pasado venres 18 de Xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º e 2º da ESO, participaron nun obradoiro de regueifas impartido por "Pinto d'Herbón" e Luís "O Caruncho".

Este obradoiro enmárcase dentro do proxecto "De boca a orella" que estamos a realizar no CPI e que se estrutura arredor da tradición oral en todas as súas vertentes.

 

EDLG. FELICES FESTAS.

Ao remate do ano facemos balance e desde o EDLG, as demais coordinacións docentes e de todo o claustro do centro estamos moi ledos/as por todas as actividades realizadas ao longo de todo este ano. Estas actividades non poderían ser levadas a cabo sen todas as persoas que participaron no mesmo.

Tamén queremos agradecer ao concello de Cuntis a súa colaboración e patrocinio das actividades propostas por este equipo.

Agora só nos queda dicirvos:

FELICES FESTAS E FELIZ GALEGO PARA TODOS/AS!

VISITA DOS PAXES REAIS

Esta luns 19 de decembro visitaron o noso centro os/as axudantes das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, os/as Paxes Reais. Todo o alumnado do centro puido velos/as polos corredores, pero foron os máis cativos/as de Infantil e Primeiro e Segundo de Primaria os que tiveron contacto con eles/as dun xeito máis próximo.

Falaron con eles/as, dixéronlle os agasallos que tiñan pedidos, recibiron as cartas que eles traian para poder escribirlle e tamén se fixeron fotos con eles/as que podedes ver premendo nesta imaxe ou visitando a nosa galería de fotos

FESTIVAL 2018

Ao chegar estas datas, e como cada curso, celebrámolas co Festival do CPI Aurelio Marcelino Rey García.

A data elixida este ano é o venres 21 de decembro.

O festival está dividido en dúas partes:

  • A primeira parte, na que actuará o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, está prevista para as 10:00h
  • A segunda parte, na que actuará o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, está prevista para as 11:30h.

 

Podedes consultar a orde da actuación picando na imaxe de abaixo.

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Co gallo da celebración do día Internacional da Persoas con Discapacidade, e en colaboración coa asociación AVANZAR, visitou o centro o AMFIV que é un dos equipos máis importantes do baloncesto es cadeira de rodas.

Contaron as súa experiencias e deron unha exhibición dese deporte. Máis tarde o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP e todo o alumnado da ESO puideron comprobar como é iso de xogar ao baloncesto en cadeira de rodas.

Abaixo, picando na imaxe podedes comprobar como o fixeron.

 

 

CAMPO A TRAVÉS A ESTRADA

O mércores 5 de decembro alumnado desde 2º de EP a 3º de ESO participiu na proba zonal de campo a través do programa XOGADE de deporte escolar.  Neste proba participaron centros de diferentes concellos da comarca (Portas, Caldas, Moraña e A Estrada).

Foi unha xornada de convivencia moi positiva a través do deporte.

Podedes picar na imaxe de abaixo para máis fotos desta actividade.

 

25N

O día 23N conmemorouse o día internacional para a eliminación das violencias contra as mulleres.

Despois de ler o manifesto en contra desta situación, o alumnado da ESO pegou mensaxes de concienciación de esta lacra polas rúas da vila de Cuntis. Podedes premer na imaxe para ver as fotos desta xornada.

 

 

PROGRAMAS E OBRADOIROS DO CONCELLO DE CUNTIS

Ao longo deste primeiro trimestre realizáronse, en colaboración co concello de Cuntis, diferentes obradoiros relacionados con diversos contidos de gran importancia como son: a prevención da violencia de xénero, habilidades sociais, igualdade, promoción da saúde e prevención de drogodependencias:; os que participou alumnado das tres etapas do CPI.

 

Premendo na imaxe podedes ver unha pequena mostra dos mesmos.

Distribuir contido


by Dr. Radut