Skip to Content

Actividades conxuntas

Actividades de Fin de curso 2016

O tempo pasa tan rápido que case sen decatarnos xa rematamos outro curso máis. Este curso 2015- 2016 chega ao sen fin e con el chegan, por un lado, os momentos de despedida e parabéns para os nosos mozos e mozas de cuarto da ESO que emprenden camiños novos fora das paredes do seu colexio de sempre, e por outro, as despedidas mais curtas e ata logo-vémonos prontiño para os raparigos e raparigas que comezan as tan esperadas e merecidas vacacións despois do traballo e esforzo tan grande que fixeron neste ano.

Para por remate a este ano tan intenso de traballo, dedicación e por qué non, de ilusións cumpridas e logros acadados fixemos un montón de actividades para celebralo. Coma sempre podedes botar un ollo á nosa galería de imaxes ou premer en calquera destas imaxes para facervos unha idea e lembrar momentos de diversión compartidos con todo o noso alumnado.

                                                            

Bo verán e vémonos en setembro.

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

O alumnado e comunidade educativa do noso centro ven de recibir os parabéns da Asociación SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI pola súa colaboración na campaña "Súmate dende 1 só euro" que propicia a nenos e nenas saharahuis a oportunidade de viaxar dende os campamentos de refuxiados onde viven ata Galicia. Moitas grazas polas vosas contribucións e pola vosa Solidariedade.           

                                                             

Quiroga e O Courel 2016

A principios do mes de Maio, martes tres e mércores catro, o alumnado de quinto de primaria e primeiro de secundaria fixeron unha visita ao Courel dentro das actividades do proxecto Paisaxe e Sustentabilidade do Plan Proxecta no que están a participar neste curso. 

Coma sempre podedes botar un ollo ás imaxes que tomaron as profesoras acompañantes e que temos á vosa disposición na nosa galería de fotos e visitando a páxina de turgalicia, empresa encargada dos monitores e realización da actividade. 

          

Festa das Letras Galegas 2016

A semana do nove ao trece de Maio celebramos no noso centro a Festa da Língua cunha serie de actividades en torno á figura do homenaxeado deste ano, Manuel María.

O alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria xunto co profesorado programamos unha morea de actividades ao abeiro da vida e fructífera obra do autor chairego. Os maiores fixeron unha obra de teatro, os cativos/as aprendemos poesías e ata tivemos concurso de vídeos a favor da nosa Língua. Non podemos esquecernos da colaboración, un ano máis, do noso colexio coa Asociación Fervedoiro na posta en marcha dos premios Carme de Xinzal.

E ademáis, este ano temos unha novidade que parece que gustou moito a todos e todas, o noso Photocall da Língua, un lugar de reunión onde podes tirar unha foto cos amigos/as, sacando a língua, e por enriba levas un caramelo máxico que che pinta de azul a língua, todo un exitazo.

Coma sempre, visitade a nosa galería de fotos ou premede nas fotos para botarlle un ollo á nosa Semana das Letras Galegas.

                

        

 VÍDEOS DAS LETRAS GALEGAS 2016

Obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata" 2016

Este mércores 20 de abril o alumnado de infantil e terceiro e cuarto de primaria que está a participar no programa Aliméntate Ben dos Plan Proxecta da Consellaría participou do obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata" que trouxeron ao noso centro. 

Aprendemos un montón de cousas sobre o mar e as conservas, xogamos con puzzles e cámaras de vídeo de última xeración, e finalmente, o mellor de todo, fixemos uns bocatas deliciosos que sabían xenial. Botádelle un ollo ás fotos que nos fixeron as mestras.

        

                      

Programa de prevención de drogodependencias e condutas adictivas.

Para rematar o 2º trimestre o alumnado de 6º de educación primaria desfrutou preparando e servindo unhas receitas de cócteles saudables. Esta actividade levárona a cabo con Julia Búa, a Técnica de Prevención do Concello, que estivo durante o mes de marzo traballando co alumnado de 6º, e tamén co de 1º e 4º de ESO un Programa de prevención de drogodependencias e condutas adictivas. Sabedes que foi o mellor? A degustación posterior!!! Mirádeo vós mesmos clikando nas imaxes.... e animádevos tamén a probalas.

                                

ENTROIDO 2016

O pasado venres 5 de febreiro tivo lugar no noso colexio o xa tradicional desfile de entroido. Desta volta a temática dos nosos disfraces xiraba en torno a un dos temas transversais que estamos a traballar neste curso, a Interculturalidade, polo que todos e todas estudamos, preparamos e acercamos ao noso alumnado cara as diferentes culturas e pobos do mundo cos que desfilamos.

Ademáis do desfile os rapaces e rapazas da ESO participaron nun concurso de disfraces que podedes ver neste enlace ou na nosa galería de vídeos.

Despois do desfile degustamos unha grande cantidade de doces de entroido, filloas e orellas que tan xenerosamente aportaron as familias dos nosos rapaces e rapazas, en colaboración coa ANPA "O Baño". Moitas grazas a todos/as.

O desfile deu moito de sí e tiramos unhas fotos para ter unha pequena lembranza deste día; podedes botarlle un ollo visitando a nosa galería de fotos ou premendo nestas imaxes.

               

  

FESTIVAL DE NADAL 2015

O venres 18 de decembro os cativos e cativas do noso colexio representaron para todas as familias as cancións, poemas, bailes e obras teatrais que estiveron preparando nas últimas semanas. Puxemos moita ilusión neste festival así que esperamos que vos gustara. O profesorado recolleu os momentos máis importantes das diferentes actuacións nas fotos e vídeos que temos na galería de fotos e vídeos do noso centro ou premendo nestas fotos.

                                                                        FOTOS                                                                                                     VÍDEOS

                                                            

BOAS FESTAS E FELIZ ANO 2016

MAGOSTO NO AURELIO MARCELINO

Este venres 13 de novembro celebramos no colexio a xa tradicional festa do MAGOSTO con Xogos Tradicionais, Obradoiros, Teatro e para rematar degustamos unhas saborosas Castañas Asadas. Queremos agradecer a colaboración da ANPA O Baño e a todas as familias que nos proporcionaron as castañas para poñer fin a esta festa tan agardada polos nosos cativos e cativas.

Botádelle unha ollada ás fotos que fixemos premendo en calquera delas ou visitando a nosa galería de fotos.

   

MES DA CIENCIA NO CPI AURELIO MARCELINO REY GARCÍA

Por segundo ano consecutivo ímoslle adicar o mes de novembro á ciencia. Este ano repetiremos moitas das actividades que xa fixemos o curso pasado con moito éxito, por parte do alumnado, pero tamén imos incorporar actividades novedosas. Tedes toda a información no seguinte programa:

Distribuir contido


by Dr. Radut