Skip to Content

ENTROIDO 2016

O pasado venres 5 de febreiro tivo lugar no noso colexio o xa tradicional desfile de entroido. Desta volta a temática dos nosos disfraces xiraba en torno a un dos temas transversais que estamos a traballar neste curso, a Interculturalidade, polo que todos e todas estudamos, preparamos e acercamos ao noso alumnado cara as diferentes culturas e pobos do mundo cos que desfilamos.

Ademáis do desfile os rapaces e rapazas da ESO participaron nun concurso de disfraces que podedes ver neste enlace ou na nosa galería de vídeos.

Despois do desfile degustamos unha grande cantidade de doces de entroido, filloas e orellas que tan xenerosamente aportaron as familias dos nosos rapaces e rapazas, en colaboración coa ANPA "O Baño". Moitas grazas a todos/as.

O desfile deu moito de sí e tiramos unhas fotos para ter unha pequena lembranza deste día; podedes botarlle un ollo visitando a nosa galería de fotos ou premendo nestas imaxes.

               

  



portada | by Dr. Radut