DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O Martes 17 de Decembro conmemorouse o Día Internacional da discapacidade no CPI, cunha charla de Susi Fandiño, da asociación Avanzar, que lle contou ao alumnado da ESO as súas vivencias a súa infancia até o de agora.
O alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria participou durante este mes de decembro, como vén sendo tradicional, no concurso de debuxos e de redaccións promovidos pola xente de Avanzar. Os premios destes concursos entregáronse no festival de inverno para o alumnado, que se celebrou o xoves 19 de decembro.