Magosto e Samaín no CPI
O mércores 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín de xeito conxunto. Ao longo de toda a mañá unha morea de actividades relacionadas con estas festas como foron:
- Práctica de xogos tradicionais coa colaboración do alumnado de 4º da ESO e de 6º de Educación primaria que fixeron labores de monitorado dos seus compañeiros de primaria e infantil respectivamente.
- O xogo de pistas: "Fuxindo do Marcos Chedas", que organizou ao alumnado do club de lectura da ESO. Neste xogo participou o alumnado da ESO e de Primaria.
- Obradoiros de chaveiros, atrapasoños e de xogos terroríficos onde participou o alumnado de Primaria.
- Obra de teatro de Kids and Us para a Educación Infantil.
- E por suposto... degustación de castañas.
A vindeira semana terá lugar a exhibición e proxección das curtas de "Terror na escola" feitas polo alumnado de Educación Primaria e ESO.